Mellor usar os ‘comentarios’ que o e-mail

15/11/2009

Nalgunhas ocasións dentro dunha consulta desexamos contactar coa autoridade do outro estado. Os datos de contacto desa autoridade permítennos obter o teléfono, un enderezo de correo electrónico ou postal, etc.
Porén, temos que lembrar as numerosas vantaxes que ten empregar a opción de ‘comentarios’ prevista en IMI:

  • Seguridade: a información non sae de IMI, onde se accede e conserva de xeito cifrado (poucos medios poden ofrecer estas garantías cun nivel axeitado).
  • Traducións: os textos escritos nos comentarios benefícianse das opcións de tradución automática presentes en IMI
  • Informes: todos os comentarios quedan reflectidos (ordenados cronoloxicamente, datados, etc.) nos informes que produce o sistema, polo que permiten documentar as actuacións completas
  • Avisos: IMI avisa por correo electrónico da chegada de novos comentarios (de xeito que esta notificación permítenos estar ao corrente de calquera novidade)

Os comentarios pódense introducir en calquera momento da vida dunha consulta. Atópanse ‘ao final’ da presentación en pantalla da consulta, xusto antes dos botóns de acción. Basta escribir o comentario (na lingua desexada) e premer sobre ‘gardar comentario’ para que se conserve devandito comentario na consulta e se alerte a outra parte para que o poida ler (e en consecuencia responder con outro comentario se procedese).