Servizos das Delegacións do Goberno

As Delegacións do Goberno son a canle a través do cal o cidadán entra en contacto coa Administración Xeral do Estado para exercer os seus dereitos e liberdades cidadás. 

SECRETARÍA XERAL

SECRETARÍA XERAL

Cada Delegación ou Subdelegación do Goberno e Dirección Insular dispón dunha Secretaría Xeral, responsable dun conxunto moi diverso de servizos en dúas áreas principais de actividade: a xestión dos servizos comúns e os servizos relativos ao exercicio dos dereitos e liberdades cidadás.

Rexistro de documentación

Estas oficinas levan a cabo as funcións de rexistro, atención ao cidadán e información sobre trámites e servizos da Administración Xeral do Estado e das Administracións autonómica, local e institucional.

*  As oficinas de asistencia en materia de rexistros son órganos administrativos, de acordo coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Entre outros, prestan os seguintes servizos:

  • Información presencial, escrita, electrónica e telefónica.

  • Recepción, rexistro e remisión de documentación dirixida a calquera  Administración Pública.

  • Emisión de certificados expedidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, clase 2CA para persoas físicas e expedición de certificados Cl@ve.

  • Xestión de "apud acta” e o seu rexistro no Rexistro Electrónico de Apoderamentos.

  • Expedición de recibos relativos ás solicitudes e escritos presentados, así como a compulsa, no seu caso, dos documentos que se achegan a esas solicitudes.

  • Expedición de copias seladas de documentos orixinais que se acompañan ás solicitudes y escritos.

  • Recepción de queixas, suxestións e reclamacións.

  • Información de convocatorias de exames de Intérpretes Xurados.

Autorizacións administrativas

As Secretarías Xerais das Delegacións do Goberno interveñen na concesión de autorizacións en materias propias de distintos departamentos ministeriais, entre as que destacan:

  • Explosivos, pirotecnia e cartuchería: autorización para o seu uso por empresas do sector.

  • Armas: autorización de polígonos e galerías de tiro, armerías, denegacións e revogacións de licenzas de armas.

  • Seguridade privada e seguridade cidadá: comprende autorizacións como a de servizos de vixilancia privada con arma ou a autorización aos Concellos para a realización de tarefas de policía local sen uniforme.

Autorizacións administrativas en Delegacións e Subdelegacións 

Dereitos cidadáns e Seguridade cidadá

As Delegacións e Subdelegacións do Goberno realizan trámites para garantir o exercicio dunha serie de dereitos fundamentais e tamén ostentan competencias en materia de protección da seguridade cidadá.

  • Trámites relacionados co dereito fundamental de reunión (concentracións e manifestacións).

  • Organización do procedemento electoral.

  • Asistencia xurídica gratuíta.

  • Tramitación de procedementos sancionadores en materia de:

    • Seguridade cidadá.

    • Seguridade privada.

    • Espectáculos deportivos.

    • Compravenda de metais preciosos.

  • Suspensión de sancións por sometemento a tratamento de deshabituación do consumo de drogas.

 Expedientes sanciones/infraccións administrativas

Expropiación Forzosa

O Xurado Provincial de Expropiación Forzosa é un órgano colexiado da Administración Xeral do Estado, presidido por un maxistrado, que cumpre unha función de natureza imparcial para determinar o xusto prezo dos bens a expropiar cando non se alcanzou un acordo entre as partes na indemnización.

As secretarías dos Xurados Provinciais de Expropiación Forzosa desempeñan as seguintes funcións:

  • Xestión previa dos expedientes de prezo xusto.

  • Pedimento de documentación adicional.

  • Recepción de informes.

  • Convocatoria de sesións e redacción de actas.

  • Notificacións.

  • Tramitación de recursos.

  • Outras funcións que correspondan a calquera secretario de órgano colexiado.

 Expropiacións

Protección Civil

As unidades de Protección Civil, coordinan as actuacións e dan asesoramento técnico en situacións de alerta ou emerxencia de interese nacional. Ademais, tramitan subvencións do Estado nos casos de catástrofes naturais.

Relacións coas Administracións Territoriais

En relación coas Entidades que integran a Administración Local, realízase:

  • Relacións de cooperación económica, técnica, xurídica e administrativa.

  • Relacións de información.

  • Control de legalidade dos seus actos.

Entidades locais

Violencia sobre a muller

As Unidades de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller e Unidades contra a Violencia sobre a Muller, realizan o seguimento de recursos e da resposta institucional fronte á violencia sobre a muller por razón de xénero: violencia de xénero, trata, mutilación xenital feminina, matrimonios forzados.

Desenvolven os seguintes tipos de actuacións:

  • Seguimento e coordinación dos recursos e servizos da Administración Xeral do Estado para a atención das situacións de violencia de xénero no territorio, colaborando así mesmo coas administracións autonómicas e locais competentes en materia de violencia de xénero.

  • Seguimento personalizado de cada situación de violencia de xénero e apoio no seu territorio, así como actuacións en relación coas vítimas mortais por violencia de xénero.

  • Participación nas campañas de información, sensibilización e prevención da violencia de xénero, xunto á promoción e colaboración na formación de profesionais.

  • Actuacións en materia de trata de mulleres con fins de explotación sexual así como no ámbito doutras formas de violencia contra as mulleres: mutilación xenital feminina, matrimonios forzados, etc.

Desde o Observatorio Estatal de Violencia contra a Muller, creouse un novo correo electrónico do servizo 016 en liña, de información e asesoramento en materia de violencia de xénero:    016-online@igualdad.gob.es

ÁREAS FUNCIONAIS

ÁREAS FUNCIONAIS

As Áreas Funcionais das Delegacións do Goberno xestionan a maioría dos servizos integrados e actúan directamente sobre a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma correspondente. Organízanse en dependencias provinciais. Existen as seguintes áreas funcionais:

Agricultura e Pesca

As áreas e dependencias realizan, entre outras, as seguintes funcións:

  • Control sanitario de animais vivos, produtos de orixe animal non destinados ao consumo humano e produtos destinados á alimentación animal, tanto en réxime de importación como en réxime de exportación e control fitosanitario en produtos vexetais, tanto en réxime de importación como en réxime de exportación.

Control Sanitario de Produtos en Fronteira

  • Colaboración co Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) na xestión das axudas públicas. En concreto, correspóndelle:

  • A identificación e control de determinados produtos que se benefician de restitucións á exportación.

  • Xestionar a tramitación de subvencións de Seguros Agrarios, o control das axudas do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA), así como a tramitación de determinadas solicitudes de créditos, axudas, certificacións, licenzas e permisos en materia de Agricultura, Pesca e Alimentación.

  • Control dos cursos impartidos dentro dos programas plurirrexionais de formación dirixidos aos profesionais do medio rural.

  • En materia de pesca realizan a inspección e levantamento de actas sancionadoras por pesca ilegal en augas exteriores, así como a emisión de autorizacións e certificacións de recoñecemento de equipos de pesca.

Alta Inspección de Educación

Esta Unidade ten dúas funcións diferenciadas, unha de seguimento e análise do sistema educativo das Comunidades Autónomas, e outra, de xestión para o exercicio das competencias sobre homologación de títulos e estudos estranxeiros:

Correspóndenlles as seguintes funcións:

  • Supervisión da adecuación á normativa básica dos currículos e a normativa educativa da correspondente Comunidade Autónoma.

  • Información e tramitación de expedientes de homologación y convalidación de títulos y estudos extranxeiros non universitarios. 

  • Información acerca da homologación/validación de títulos universitarios estranxeiros a efectos académicos, así como achega do recoñecemento e/ou acreditación de títulos universitarios e de Formación Profesional, e os seus efectos profesionais no espazo europeo e das competencias da comunidade autónoma en materia de Formación Profesional.

  • Recoñecemento de equivalencia de estudos a efectos laborais.

  • Xestión dos expedientes de convalidación e homologación de títulos extranxeiros.

Fomento

As áreas e dependencias realizan, entre outras, as seguintes funcións:

  • Xestión dos servizos integrados de transportes e estradas, realizando funcións de incoación e tramitación de expedientes sancionadores, outorgamento de autorizacións, tramitación das solicitudes de cartóns de transporte de mercadorías de servizo privado complementario ou tramitación dos expedientes de indemnización por responsabilidade patrimonial debidos a danos imputables ao estado das estradas.

  • Funcións en materia de obras públicas e vivenda.

  • Inspección e control dos transportes internacionais para efectos de comprobar se os vehículos de transporte de mercadorías cumpren todos os requisitos técnicos e administrativos para realizar a dita función na Unión Europea.

  • Seguimento dos investimentos no patrimonio histórico español financiadas con cargo ao 1,5% cultural.

  • Nas Illas Canarias e Baleares, tramitación das axudas ao transporte de mercadorías.

Axudas ao transporte Illas Canarias

Axudas ao transporte Illes Balears

Dentro delas, o Instituto Xeográfico Nacional, presta servizos de asistencia técnica en materia de información xeográfica e comercialización de produtos cartográficos e realiza o control e mantemento da rede sísmica e das redes xeodésicas e de nivelación.

Instituto Xeográfico Nacional

Industria e Enerxía

Participa na tramitación de diversos procedementos en materia de instalacións enerxéticas, como son:

  • Expedientes relativos á posta en marcha de centrais de produción eléctrica e de liñas eléctricas e gasodutos, así como a súa reforma ou ampliación.

  • Declaracións de utilidade pública de gasodutos, oleodutos e instalacións eléctricas de produción e transporte de enerxía eléctrica.

  • Procedementos de homologación e normalización de bens e productos industriais.

Así mesmo tramita ou informa a concesión de autorizacións sobre explosivos, cartuchería e pirotecnia, a expedición de certificados de aptitude para o manexo de explosivos e realiza tarefas relacionadas coa propiedade industrial.

Autorizacións Administrativas en Delegacións e Subdelegacións

Sanidade e Política Social

As áreas e dependencias realizan, entre outras, as seguintes funcións:

  • Control e vixilancia hixiénico-sanitaria nas importacións de produtos destinados ao consumo humano.

Control Sanitario de Produtos en Fronteira

  • Servizo de asesoramento ao viaxeiro sobre riscos sanitarios inherentes ás viaxes internacionais e administración das vacinas e demais medidas preventivas ou profilácticas por razóns de saúde pública no tráfico internacional de persoas nos Centros de Vacinación Internacional (CVI).

Centros de Vacinación Internacional

  • Controis hixiénico-sanitarios: control e vixilancia de portos, aeroportos de tráfico internacional e medios de transporte internacionais.

  • Policía Sanitaria Mortuoria: control e vixilancia do traslado internacional de cadáveres e restos humanos.

  • Inspeccións de produtos farmacéuticos en fronteira de importacións e exportacións e inspección de instalacións de fabricación e importación de produtos sanitarios, cosméticos e produtos de hixiene persoal.

  • Xestión e control de drogas e sustancias estupefacientes comisadas procedentes do tráfico ilícito: análise e emisión de informes para procesos xudiciais e administrativos.

Traballo e Inmigración

As áreas e dependencias realizan as seguintes funcións:

Estranxeiría: A atención dos cidadáns inmigrantes realízase polas Oficinas de Estranxeiría como unidades que integran os diferentes servizos da Administración Xeral do Estado competentes en materia de estranxeiría e inmigración no ámbito provincial.

                    Oficinas de Estranxeiría nas Delegacións do Goberno

                    Trámites de estranxeiría en sede electrónica

                    Cita previa de estranxeiría

Correspóndenlles as seguintes funcións:

  • A tramitación das autorizacións de residencia, autorizacións de traballo e excepctuación á obriga de obter autorización de traballo, autorizacións de regreso, das prórrogas de estadía, do cartón de identidade de estranxeiros e dos cartóns de estudantes estranxeiros, así como a expedición e entrega daquelas.

  • Recepción da declaración de entrada.

  • A recepción da solicitude de cédula de inscrición e de título de viaxe para a saída de España, así como a súa expedición e entrega.

  • A tramitación dos procedementos sancionadores por infraccións á normativa en materia de estranxeiría e en réxime comunitario.

  • A tramitación dos recursos administrativos que procedan.

  • A asignación e comunicación do número de identidade de estranxeiro, polos servizos policiais das propias Oficinas...

  • A información, recepción e tramitación da solicitude de protección internacional e das solicitudes do estatuto de apátrida..

  • A obtención e elaboración do conxunto de información estatística de carácter administrativo e demográfico sobre a poboación estranxeira e en réxime comunitario da provincia. 

  • O control do mantemento das condicións que determinaron a concesión da autorización.

Certificados e axudas a emigrantes retornados: expedición de certificados de emigrantes retornados a España e información sobre as convocatorias, requisitos ou prazos das distintas axudas e subvencións para emigrantes e retornados. Tramitación de axudas.

Tramitación e proposta de resolución de salarios de tramitación: resolución dos expedientes de reclamación ao Estado de salarios de tramitación en xuízos por despedimento e cotas á Seguridade Social..

Contratos en orixe para contratación temporal: xestión do continxente anual de traballadores estranxeiros non comunitarios nas provincias onde non estaban constituídas formalmente as Oficinas de Estranxeiría.