Ministerio
- Ministerio
- Organigrama
- Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática
- Director do Gabinete do ministro de Política Territorial e Memoria Democrática
Información dos Rexistros de Actividades de Tratamento (RAT)
Os datos persoais dos interesados quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática.
Os responsables e encargados do tratamento están obrigados a levar e manter actualizado un Rexistro de Actividades de Tratamento (RAT) (artigos 31 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e 30 do Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016.
Contido mínimo do RAT do responsable de tratamento:
- Nome e datos de contacto do responsable e, no seu caso, do corresponsable, do representante do responsable, e do delegado de protección de datos.
- Fins do tratamento.
- Descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais.
- Categorías de destinatarios a quen se comunicaron ou comunicarán os datos persoais, incluídos os destinatarios en terceiros países ou organizacións internacionais.
- No seu caso, transferencias de datos persoais a un terceiro país ou unha organización internacional.
- Cando sexa posible, prazos previstos para a supresión dos datos.
- Cando sexa posible, descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.
Pode consultar o Rexistro correspondente aos responsables de tratamento do Departamento nas seguintes ligazóns ( PDF):