Servizos

Todo o persoal do Departamento, incluído o dos seus Organismos autónomos, así como os cidadáns e investigadores externos, teñen acceso aos servizos bibliotecarios e documentais da Biblioteca.

Las solicitudes de información, préstamo, reproducción de documentos, etc. pueden realizarse tanto telefónicamente, a través del número 91 273 57 47, como a través de la dirección de correo electrónico bibliodoc.sgt@correo.gob.es.

Orientación e información bibliográfica

Os usuarios poden buscar as publicacións existentes na Biblioteca consultando o seu catálogo en liña, de acceso público, dispoñible na páxina web do Ministerio de Política Territorial  (www.mpt.gob.es)

Igualmente, poden delegar as procuras avanzadas ou as consultas de maior complexidade no persoal bibliotecario.

Tamén se facilita información periódica sobre as novidades bibliográficas e o contido das últimas revistas ingresadas na Biblioteca mediante a edición de boletíns. Para a súa recepción poden solicitar o alta na dirección de correo electrónico bibliodoc.sgt@correo.gob.es

Lectura en sala

Este servizo, prestado durante o horario de funcionamento da Biblioteca, permite a lectura e toma de datos do fondo bibliográfico e documental, e o acceso directo aos últimos números das revistas recibidas.

Préstamo a domicilio

O préstamo de libros facilítase unicamente ao persoal do Departamento. O préstamo ten unha duración de 30 días naturais, podendo ampliarse #este prazo mediante a correspondente renovación, sempre que o libro non fose solicitado por outro usuario. Transcorrido este prazo sen devolverse, o Servizo de Biblioteca procederá á oportuna reclamación.

Están excluídas do préstamo as obras de consulta e referencia (enciclopedias, dicionarios, repertorios de lexislación e xurisprudencia, etc.), as revistas, e as obras da colección de publicacións oficiais.

Reprodución de publicacións

A reprodución de artigos de revistas e de páxinas de libros unicamente proporciónase para fins de investigación e estudo. Dita reprodución está suxeita á normativa sobre propiedade intelectual e depende do estado de conservación do orixinal.

Préstamo interbibliotecario

Este servizo permite aos usuarios da Biblioteca Central do Ministerio de Política Territorial  solicitar a outra Biblioteca un orixinal ou a reprodución dunha publicación que non se atope no seu fondo bibliográfico. A consulta dos orixinais prestados axustarase ás condicións establecidas pola Biblioteca prestataria.

Igualmente, este servizo permite a outras Bibliotecas solicitar obras da Biblioteca do Departamento por un período de 15 días, prorrogable sempre que a obra non fose solicitada por outro usuario desta.