Estrutura *IMI en España

Que      Quen      Étructura      Coordinadores      Ámbitos

As autoridades finais IMI son os actores principais e razón de ser do sistema. Pero para ser rexistradas no sistema acoden aos coordinadores IMI. Os coordinadores IMI desempeñan un labor esencial por tanto para garantir a construción, formación e mantemento da rede de autoridades. Pero tamén estes coordinadores achegan guía e orientación ás autoridades ante casos que requiran maior especialización, como discrepancias de criterio con outros estados, tratamento de alertas, etc.

En cada un dos Estados membros existe siemopre a obrigatoria figura dun coordinador nacional (NIMIC, National IMI Coordinator), pero xeralmente está acompañado doutros coordinadores delegados.

No caso de España designáronse coordinadores 'temáticos' por cada directiva ou ámbito lexislativo desde a Administración Xeral do Estado, e coordinadores 'globais' habilitados para todas as directivas por cada unha das CCAA e cidades con estatuto de autonomía.
 

A estrutura en España combina a división ‘temática’ e a atención ao feito rexional. Así, o NIMIC é un coordinador puro do sistema, sen competencia nin criterio sobre as materias propias de cada directiva, encargado principalmente da interlocución con Comisión e da aplicación, desenvolvemento e correcto funcionamento do sistema, asegurando a construción e mantemento da rede IMI España e realizando actividades de promoción e formación.

Na contorna da Administración Xeral do Estado, o NIMIC está acompañado dos coordinadores delegados para cada directiva ou ámbito lexislativo, que son a ‘referencia’ nacional nas súas materias respectivas.

No ámbito da administración autonómica, cada comunidade autónoma e cidade con estatuto de autonomía ten designado un coordinador 'rexional' (19 en total) que coordina a actividade IMI no seu espazo xeográfico para todos os ámbitos, rexistrando as autoridades necesarias. As autoridades rexionais e locais poden ser vinculadas cos coordinadores delegados da administración do Estado e consultarlles en caso necesario.