Galego

Preceptos lingüísticos no estatuto galego.

Artigo 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do galego en todas as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por razón da lingua.

Artigo 25

Na resolución dos concursos e oposicións para prover os postos de Maxistrados, Xuíces, Secretarios Xudiciais, Fiscais e todos os funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza, será mérito preferente a especialización no dereito galego e o coñecemento do idioma do país.

Artigo 26

1. Os Notarios e os Rexistradores da Propiedade e Mercantís serán nomeados pola Comunidade Autónoma, de conformidade coas leis do Estado. Para a provisión de notarías, os candidatos serán admitidos en igualdade de dereitos, tanto se exercen no territorio de Galicia como no resto de España. Nestes concursos e oposicións será mérito preferente a especialización en Dereito galego e o coñecemento do idioma do país. En ningún caso poderá establecerse a excepción de natureza ou veciñanza.

…/…

Artigo 27

No marco do presente Estatuto corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva das seguintes materias:

…/…

20. A promoción e o ensino da lingua galega.