Preciso unha lupa?... ‘Ctrl +’ e ‘Ctrl –’

04/12/2009

Unha facilidade pouco coñecida e que moitos navegadores recentes permiten aproveiar ao usar IMI é o uso das combinacións de teclas ‘Control +’ e ‘Control –‘ para agrandar ou reducir respectivamente o tamaño da presentación (letras, etc.) da páxina. Deste xeito poderemos acomodarnos mellor ao tamaño das pantallas e as propias necesidades da nosa vista.