Nota 9 de maio de 2017

O 9 de maio de 2017 celebrouse a cuarta reunión do Consello de Linguas Oficiais na AGE baixo a Presidencia do Secretario de Estado para as Administracións Territoriais, Roberto Bermúdez de Castro.

Impulso do Consello das Linguas Oficiais da AGE

Bermúdez de Castro expresou aos representantes dos departamentos ministeriais a vontade do Goberno de impulsar o funcionamento deste órgano, agora adscrito xunto á Oficina para as Linguas Oficiais á Secretaría de Estado para as Administracións Territoriais, que non se reunía desde 2010.

A reunión de hoxe marca -afirmou o secretario de Estado- o inicio dunha nova etapa de impulso ao Consello de Linguas Oficiais, co obxectivo de mellorar e garantir o exercicio dos dereitos lingüísticos dos cidadáns na súa relación coa Administración Xeral do Estado.

Nos últimos anos, ademais, aprobáronse distintas leis que introducen novidades normativas en materia de linguas oficiais e que requiren unha maior actuación e seguimento do Consello, como son as leis de transparencia, acción e servizo exterior do Estado, tratados e outros acordos internacionais ou a de procedemento administrativo común.

Compromisos do Consello

O Consello estableceu, na súa reunión de hoxe, liñas de traballo para cumprir os seguintes compromisos:

  • Completar e conseguir a plena accesibilidade en linguas cooficiais das páxinas web dos departamentos ministeriais e organismos públicos da Administración Xeral do Estado.
  • Elaboración y presentación el 1 de agosto del 5º Informe, que corresponde al período 2014-2016, sobre cumplimiento de la Carta Europea de Lenguas regionales y/o Minoritarias del Consejo de Europa.
  • Encargo á Oficina para as Linguas Oficiais na AGE para que elabore un informe sobre o grao de cumprimento do uso das linguas cooficiais na Administración Xeral do Estado e o seu organismos adscritos ou vinculados, que será presentado na próxima reunión do Consello.