Nota 6 de xullo de 2010

 

O 6 de xullo de 2010 celebrouse a terceira reunión do Consello das Linguas Oficiais na AXE baixo a Presidencia do Secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías Arévalo
 
Contidos da reunión
 
¨      Presentóuselle ao Consello o Informe 2009 da Oficina para as Linguas Oficiais na AXE, esixido polo artigo 8.3 do Real Decreto 905/2007, e encargado polo Consello na súa sesión anterior. O informe elaborouse tras as consultas realizadas a todos os Departamentos Ministeriais e a determinados organismos particularmente afectados.
 
Do Informe despréndese un diagnóstico de avances e melloras significativas durante o ano 2009 sobre o uso das linguas oficiais na AXE, particularmente no que se refire á capacitación lingüística dos empregados, impresos, modelos, carteis, rótulos e sinalizacións, páxinas web, e á constatación do mantemento de singulares exemplos de boas prácticas de determinados organismos como, por exemplo, a Dirección Xeral de Tráfico, a Axencia Estatal de Administración Tributaria, os da Seguridade Social, ou o INAP.
 
¨      Recibíronse e analizáronse informes dos representantes de todos os Departamentos ministeriais sobre situación e actuacións en materia de linguas cooficiais e, en particular, sobre as súas páxinas web e sedes electrónicas.
 
¨      Examináronse e avaliáronse as oito queixas que se recibiron no ano 2009 na Oficina para as Linguas.
 
¨      O Consello acordou adoptar as recomendacións formuladas no Informe 2009 da Oficina para as Linguas presentado na reunión, e que, en síntese, son as seguintes:
·      Determinar nas RPT os postos que esixan coñecemento de lingua cooficial como requisito ou como mérito.
·      Dar formación intensiva ao persoal en postos que vaian a esixir coñecemento da lingua cooficial como requisito.
·      Desenvolver proxectos específicos de formación en linguas cooficiais en Ministerios e organismos con relevante dotación de persoal nas CC.AA. con lingua cooficial.
·      Fomentar a formación on line en linguas cooficiais.
·      Culminación total do proceso de tradución de impresos, modelos, carteis, rótulos e sinalizacións ás linguas cooficiais.
· Tradución inmediata dos novos impresos, modelos e formularios normalizados.
·      Completar a plena accesibilidade en linguas cooficiais das páxinas web.
·      Completar a oferta de contidos e servizos das sedes electrónicas dos Ministerios e organismos públicos.
·      Asegurar o emprego das linguas cooficiais nas campañas institucionais de publicidade e comunicación da AXE.
·      Promover e difundir exemplos de boas prácticas na AXE.
·      Institucionalizar as relacións de colaboración coas Comunidades Autónomas para intercambiar información, realizar estudos conxuntos e lograr o pleno cumprimento dos acordos entre España e as Institucións da U.E. sobre o emprego de linguas cooficiais nas mesmas, entre outros fins.
·      Organizar unhas “xornadas de traballo” coas Comunidades Autónomas sobre uso das linguas cooficiais.
·      Continuar recadando información dos Ministerios para a elaboración do informe anual da Oficina.