Consello e Oficina de Linguas Oficiais

Presentación

O Consello das Linguas Oficiais foi creado por Real Decreto 798/2025, do 26 de setembro, como órgano colexiado dedicado á análise, o impulso e a coordinación técnica da Administración Xeral do Estado en relación co uso das linguas oficiais. Participan, entre outros, representantes das Comunidades Autónomas con máis dunha lingua oficial así como entidades e organismos de especial relevancia sobre esta materia. 

 

A Oficina para as Linguas Oficiais, tamén recollida por Real Decreto antes citado, configúrase como “unidade permanente de asistencia e apoio ao Consello”, dedicada ao estudo, promoción, asesoramento, planificación e constatación do uso das linguas oficiais na Administración Xeral do Estado e os seus organismos entidades vinculados ou dependentes.