María Rivas resalta no 65 aniversario da Garda Civil de Tráfico o traballo desenvolvido ao servizo á cidadanía

María Rivas resalta no 65 aniversario da Garda Civil de Tráfico o traballo desenvolvido ao servizo á cidadanía

21/07/2024

Destacou o papel dos 268 efectivos que ten na provincia da Coruña,  dos 864 que hai en toda Galicia, cuxo principal labor é o de salvagardar e velar pola seguridade das persoas nas vías de comunicación

A mostra fai un percorrido pola historia da Garda Civil de Tráfico cunha exposición de motos e traxes históricos pero tamén do material máis moderno 

Trasladou o seu parabén aos homes e mulleres que conforman o corpo da Garda Civil de Tráfico 


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá a exposición organizada pola Agrupación da Garda Civil de Tráfico con motivo do 65 aniversario deste corpo. A subdelegada estivo acompañada do Tenente Coronel Xefe do Sector de Tráfico de Galicia, Antonio Fidalgo Romeu e de José Ángel Curral Segade, Comandante Xefe do Subsector de Tráfico na Coruña.

A subdelegada quixo trasladar a súa felicitación polo desempeño da súa tarefa diaria aos 268 axentes, mulleres e homes que integran o Subsector de Tráfico da Coruña e que forman parte un persoal que chega en Galicia ata os 854 axentes da Garda Civil de Tráfico.

Neste 65 aniversario, a subdelegada María Rivas, sinalou que desde a constitución do corpo con apenas 400 efectivos ata os máis de 8.400 que hai hoxe repartidos por todo o Estado, a Agrupación de Tráfico foi un alicerce fundamental para protexer e custodiar as vías de comunicación, garantindo co seu traballo a seguridade diaria dos milleiros de persoas que transitan por elas. 

A longo destes 65 anos, foron máis de 10.000 os alumnos e alumnas que pasaron pola escola da Agrupación que actualmente está en *Mérida, o que permitiu ao longo do tempo mellorar o servizo que presta a Garda Civil de Tráfico.

Na xornada de portas abertas, faise un percorrido pola historia da Garda Civil de Tráfico cunha exposición de motos e traxes históricos pero tamén do material máis moderno. De feito hoxe a mellora continua da formación e das dotacións materiais permitiu a evolución transversal do seu traballo que abarca desde a investigación ata a vixilancia aérea, todo iso dotado de moderna tecnoloxía que axiliza as dilixencias e serve para reforzar a vixilancia nas estradas.

A subdelegada lembrou que a Garda Civil de Tráfico ten entre os o seu labor o de vixiar, regular, o auxilio e control do tráfico do transporte, así como garantir a seguridade viaria na circulación nas vías interurbanas. Unha misión que se traduce na protección e auxilio das persoas usuarias das vías públicas, a vixilancia e disciplina do tráfico, a investigación e instrución en caso de accidentes e a vixilancia do cumprimento da normativa en materia de transportes por estrada. 

María Rivas sinalou que co seu traballo sen dúbida contribúen á mellora da seguridade nas estradas, o que tamén se traduce nun descenso de 17 vítimas mortais na provincia en relación co ano 2022, pasando de 43  a 26 vítimas no último ano. A subdelegada sinalou que “hai que resaltar que a baixada é acusada na provincia, cun 40% menos de persoas falecidas que no ano anterior, dato que ademais é o máis positivo do catro provincias galegas”.

Rivas fixo un recoñecemento ao traballo desenvolvido nestes 65 anos de historia, “quero agradecer a todas as persoas que integran Agrupación da Garda Civil de Tráfico por estar cada día nas estradas para velar pola seguridade das persoas”. Por último, quixo transmitir o seu orgullo por cada unha das mulleres e homes que forman a Agrupación da Garda Civil de Tráfico, e transmitir “os meus máis sinceras felicitacións por este 65 aniversario”.