María Rivas pon en valor o traballo desenvolvido pola Policía Nacional ao longo destes 200 anos de historia ao servizo á cidadanía

María Rivas pon en valor o traballo desenvolvido pola Policía Nacional ao longo destes 200 anos de historia ao servizo á cidadanía

13/01/2024

A subdelegada do Goberno preside na cidade de Ferrol o acto polo 200 aniversario da Policía Nacional


La subdelegada del Gobierno en A Coruña, María Rivas, presidió hoy en Ferrol el acto institucional de izado de bandera con motivo del 200 aniversario de la Policía Nacional, en el que también estuvo presente el jefe superior de la Comisaría de Ferrol -Narón, Javier Mª de Loresecha Roldán, el alcalde de Ferrol y la alcaldesa de Narón, así como otras autoridades civiles y militares.

En el transcurso del acto, la subdelegada felicitó a los cerca de 3.400 mujeres y hombres que integran la Policía Nacional en Galicia y que representan la cifra más alta de efectivos de la última década.

Igualmente fixo un recoñecemento do traballo desenvolvido nestes 200 anos de historia, converténdose nun operador de referencia en materia de seguridade pública. “Dous séculos polos que hoxe quero felicitar a todas as persoas que integran a Policía Nacional e que son depositarios desa tradición centenaria que recollen, adaptan e proxectan cara o futuro no seu labor diario”, apuntou.

Neste sentido, María Rivas lembrou que a Policía Nacional, “sempre mantivo o mesmo obxectivo: o de salvagardar e velar pola seguridade das persoas”, e o de ser “custodios dos valores que rexen na nosa sociedade, defensores dos dereitos adquiridos nos últimos anos e garantes do benestar da cidadanía”.

A subdelegada sinalou aos axentes como protagonistas da celebración do Bicentenario, “pois constituídes un alicerce do noso Estado de Dereito, da nosa democracia. Sen a vosa presenza, España e Galicia non alcanzaría este grao de desenvolvemento e de benestar do que gozamos”.

María Rivas, apuntou que Galicia é hoxe a terceira comunidade máis segura de España e sitúase entre os lugares máis seguros de Europa. “Os feitos delituosos volveron baixar o pasado ano en Galicia, e xa leva tres anos con esta tendencia, e alcanzouse a mellor taxa de esclarecemento de delitos dos últimos nove anos”. Con todo, animou a manter e mellorar estas cifras, “unha responsabilidade que tamén comparte o Goberno”.

No acto tamén houbo un momento para lembrar a todos os homes e mulleres policías que perderon a vida no desempeño do seu labor.

Por último, a subdelegada quixo transmitir o seu orgullo por cada unha das mulleres e homes que forman a Policía Nacional en Galicia, e transmitir “as miñas máis sinceras felicitacións neste día”.