María Rivas participa en la apertura de la 4º edición de los Premios Rogelia Mariña

María Rivas participa en la apertura de la 4º edición de los Premios Rogelia Mariña

24/01/2024

A subdelegada destacou a traxectoria profesional do premiado que "soubo transmitir coa súa voz e a súa sensibilidade os valores da tolerancia, a diversidade e a convivencia, así como o amor pola súa terra”

María Rivas lembrou que no ano 2023, España mostrou o maior crecemento do mercado laboral en décadas e unha contratación indefinida 5 puntos superior a do ano 2022, e recalcou que xa hai 9.878.200 mulleres ocupadas no terceiro trimestre deste ano

A subdelegada sinalou que a subida do Salario Mínimo Interprofesional ou a mellora das prestacións por fillos a cargo, a subida das pensións, ou a mellora das prestacións por desemprego son medidas dun Goberno que “sabe que non hai mellor ferramenta para loitar contra a desigualdade e a brecha de xénero, que a mellora no mercado de traballo”


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, desprazouse hoxe ata Santiago de Compostela para participar no acto de apertura da 4º edición dos Premios *Rogelia Mariña, que reciben o nome da sindicalista da UXT que loitou polos dereitos das traballadoras e traballadores e pola defensa da igualdade de xénero na empresa na que traballaba, Sargadelos.

A subdelegada trasladou o seu parabén ao homenaxeado, Marcial Mouzo, e aproveitou para destacar a súa traxectoria profesional na radio que, con programas como ‘Pensando en ti', axudou a crear “un espazo de encontro, de diálogo e de solidariedade para miles de oíntes durante doce anos”. “Marcial, soubo transmitir coa súa voz e a súa sensibilidade os valores da tolerancia, a diversidade e a convivencia, así como o amor pola súa terra” expresou Rivas.

María Rivas aproveitou para lembrar que no ano 2023, España mostrou o maior crecemento do mercado laboral en décadas e unha contratación indefinida 5 puntos superior a do ano 2022. Ademais, a subdelegada recalcou que os datos reflicten o maior número de mulleres incorporadas ao mercado de traballo da historia do país, con 9.878.200 mulleres ocupadas no terceiro trimestre deste ano.

A subdelegada sinalou que a subida do Salario Mínimo Interprofesional ou a mellora das prestacións por fillos a cargo, a subida das pensións, ou a mellora das prestacións por desemprego son medidas dun Goberno que “sabe que non hai mellor ferramenta para loitar contra a desigualdade e a brecha de xénero, que a mellora no mercado de traballo”.

No acto tamén participou o Secretario Xeral da UXT en Galicia, José Antonio Gómez.