María Rivas supervisou o inicio das obras de rexeneración da Praia Grande do Concello de Miño nas que o Goberno inviste 1,7*M€

María Rivas supervisou o inicio das obras de rexeneración da Praia Grande do Concello de Miño nas que o Goberno inviste 1,7*M€

16/10/2023

A subdelegada subliña que o Goberno de Pedro Sánchez responde a unha vella demanda do municipio e da cidadanía para revalorizar a Praia Grande, o principal activo turístico de Miño

María Rivas lembrou que a prioridade sempre foi “protexer este espazo natural e recuperar esa zona das marismas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio”

A subdelegada informou de que o prazo de execución das obras é de 8 meses


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, trasladouse hoxe ata Miño para supervisar xunto ao alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, o inicio das obras de recuperación do espazo dunar e as marismas da Praia Grande, nas que o Goberno, a través do Ministerio de Transición Ecolóxica, inviste 1.720.506,96 euros.

A subdelegada sinalou que a actuación é de vital importancia para o concello de Miño e “responde os pedimentos do *Concello e do propio alcalde co obxectivo de revalorizar unha praia tan emblemática”. Engadiu que o obxectivo é “facer compatible o uso da cidadanía e dos turistas coa protección ambiental”.

María Rivas, que tamén estivo acompañada na súa visita a Miño polo xefe da Demarcación de Costas en funcións, Carlos Gil, visitou a zona das dunas onde se retirarán as plantas invasoras e as especies *alóctonas. As obras de rexeneración tamén abarcan a instalación de medidas de protección delimitando o espazo protexido con madeira e corda, co fin de ser coherente coa contorna.

A recuperación da zona das marismas, ocupada durante anos por un campo de fútbol, é outra das actuacións, que levará a cabo nesta rexeneración, sempre con todas as precaucións necesarias para preservar os bancos de marisqueo.

Los trabajos de rehabilitación de la playa Grande también incluyen la sustitución de la pasarela de madera por otra de un material más acorde con el entorno y más fácil de mantener.

A subdelegada lembrou que por parte do Goberno a prioridade e a preocupación sempre foi “protexer este espazo natural e recuperar esa zona das marismas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio”. Tamén insistiu que tanto a rexeneración como a protección desta praia é unha vella demanda de Miño, xa que este areal, ademais do gran valor natural que atesoura, é un dos principais activos turísticos do municipio. Canto aos prazos, a subdelegada informou de que o prazo de execución das obras é de 8 meses.

María Rivas tamén quixo destacar que as obras de rexeneración teñen un importante compoñente de economía circular, xa que toda a madeira que se retira das pasarelas utilizarase en diferentes proxectos que desenvolverá nun futuro o Concello de Miño.