María Rivas reivindica o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez e o esforzo investidor de 130*M€ para facer realidade a ligazón ferroviaria ao porto exterior de Punta Langosteira

María Rivas reivindica o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez e o esforzo investidor de 130*M€ para facer realidade a ligazón ferroviaria ao porto exterior de Punta Langosteira

03/03/2023

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas destacou a unión das institucións, a implicación das empresas e a lealdade das administracións “que constrúen futuro unidas”

María Rivas agradeceu o traballo de *alcades e presidentes “implicados” que salvaron obstáculos no proxecto do porto exterior ao longo de varias etapas

Durante o seu discurso a subdelegada subliñou o traballo e compromiso de Inés Rey e Pedro Sánchez que “outra vez da man” fixeron realidade investimentos para facer avanzar a cidade e a súa contorna


 “Sempre crin que os mellores camiños son os que non teñen fin, os que se conforman de etapas, os que nos estimulan para avanzar sempre, os que nos incitan a vivir un continuo progreso”. A subdelegada do Goberno na Coruña comezaba así a súa intervención durante a *inaguración do terminal marítimo de Repsol que tivo lugar esta mañá no porto exterior de Punta Langosteira.

Ante as diferentes autoridades que se deron cita no acto, María Rivas, definiu a inauguración do terminal  como “a culminación dunha etapa dese camiño de progreso que outros iniciaron hai 20 anos”

A subdelegada do Goberno felicitou a todas as institucións, administracións, empresas “e a toda as persoas que fixeron posible este momento” tanto en calidade de cidadá como de representante   “dun Goberno comprometido cunha España verde”.

No seu discurso, María Rivas, resaltou a unión das institucións e a implicación das empresas. “Administracións leais, que colaboran, que constrúen futuro unidas, e que o fan tamén da man de empresas fortes e comprometidas. Iso é o que nos demanda a cidadanía, iso é o que lle debemos, e este espazo é o froito diso” manifestou.

A subdelegada lembrou o desastre  do Prestige ocorrido nas costas galegas hai 20 anos, “un desastre que nos marcou e deixou pegada” pero que deixou tamén un goberno municipal e un Goberno de España comprometido cun porto exterior para A Coruña e a súa área.

María Rivas mencionou o traballo de *alcades e presidentes “implicados” que salvaron obstáculos no proxecto do porto exterior ao longo de varias etapas “a última da man da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, co compromiso investidor de 130 millóns de euros para facer realidade a ligazón ferroviaria de Punta Langosteira”

A subdelegada recoñeceu o traballo de Xunta de Galicia, Portos do Estado, Deputación da Coruña e Concello de Arteixo para facer posible a realidade do porto exterior. Resaltou tamén o traballo e compromiso da alcaldesa Inés Rey  e de Pedro Sánchez “que outra vez, da man fixeron realidade investimentos para facer avanzar a cidade e a súa contorna”.

María Rivas hizo referencia al compromiso de Repsol con a Coruña “la inauguración de este terminal marítimo es una muestra más de la vinculación de Repsol con A Coruña y su área”. En este sentido la subdelegada recordó que para la mayoría de la coruñesas y coruñeses Repsol es “La Refinería, esa compañía en la que han trabajado y siguen haciéndolo tantas y tantas personas de nuestra ciudad, y que por eso la sentimos propia”.

La subdelegada se dirigió al presidente de Repsol, Antonio Bufrau para mostrarle su satisfacción  y agradecimiento por “compartir  nuestras preocupaciones e inquietudes” e implicarse en el progreso y bienestar de A Coruña y su comarca”.

Por último la subdelegada aseguró que el Gobierno de España “va a seguir haciendo su camino” y continuará trabajando para avanzar en bienestar y progreso.