Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2022 > noviembre > José Miñones coordina con Policía Nacional e Garda Civil un dispositivo preventivo para garantir a operatividade do transporte nos centros loxísticos de Galicia
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
José Miñones coordina con Policía Nacional e Garda Civil un dispositivo preventivo para garantir a operatividade do transporte nos centros loxísticos de Galicia
09/11/2022
A vixilancia reforzarase en portos, polígonos e outras áreas de tránsito de mercadorías para garantir o dereito a traballar dos transportistas e a subministración a puntos de venda e áreas comerciais
A Delegación do Goberno manterá permanentemente informados os sectores afectados e ás organizacións empresariais
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse esta mañá cos responsables autonómicos da Policía Nacional e da Garda Civil para coordinar o dispositivo preventivo que garantirá a operatividade das comunicacións, especialmente nos principais centros loxísticos, con motivo da convocatoria dun paro por parte dunha plataforma minoritaria do sector do transporte. A reunión celebrouse á primeira hora da mañá na sede da Delegación do Goberno e terá continuidade esta tarde cunha reunión na que o delegado coordinará a resposta coas subdelegadas do Goberno na Coruña, Lugo e Pontevedra e o subdelegado do Goberno na provincia de Ourense.
As forzas e corpos de seguridade do Estado despregarán axentes en portos, polígonos industriais e outras zonas de especial importancia loxística para vixiar o cumprimento do dereito a traballar dos transportistas en Galicia, e garantir a subministración a puntos de venda, supermercados e superficies comerciais.
Na reunión de hoxe participaron o xefe superior de Policía de Galicia, Ramón Gómez Neto; o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil de Galicia, Miguel González Arias; e o xefe interino de Sector de Tráfico da Garda Civil, Jose Anxo Curral, ademais do propio delegado do Goberno. José Miñones destacou que se manterá permanentemente informados os sectores afectados e ás organizacións empresariais.