Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2022 > FEBRERO > José Miñones detalla que a decisión do Goberno de revalorizar as pensións é un “investimento social” que inxecta este ano 401 millóns de euros máis en Galicia
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
José Miñones detalla que a decisión do Goberno de revalorizar as pensións é un “investimento social” que inxecta este ano 401 millóns de euros máis en Galicia
04/02/2022
Subliña o impacto desta medida “de xustiza e dignidade” que beneficia a un de cada catro galegos e galegas, os perceptores dunha pensión contributiva
Indica que o mal chamado factor de estabilidade fixera perder un 7,5% de poder adquisitivo aos pensionistas galegos desde 2017
Destaca que a reforma do Goberno dá certeza aos pensionistas pois lles garante que “ano a ano as súas pensións vanse a revalorizar coa inflación, sexa a que sexa”
Coa aplicación desta reforma, en xaneiro a pensión media en Galicia subiu ata os 923 euros, case 40 euros máis que o mes anterior
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que a decisión do Goberno de revalorizar as pensións tradúcese nun “investimento social” que inxectará este ano 401 millóns de euros máis en Galicia. Corresponde ao que prevé a Seguridade Social que aumente a súa nómina en Galicia nos próximos meses tras o acordo de revalorización das pensións contributivas do 2,5% que adoptou o Executivo este mes de xaneiro.
José Miñones puxo en valor o impacto desta medida do Goberno, “coa que estamos a avanzar cara á *dignificación das pensións, a velas como un investimento imprescindible para progresar e non como unha carga, e facémolo do mesmo xeito que noutras decisións deste Goberno, con diálogo e acordo”.
O delegado fixo esta valoración nas oficinas que integran o Instituto Nacional e a Tesouraría da Seguridade Social en Santiago de Compostela. Fíxoo acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e polo director provincial do INSS, José Luís *Vilela. Con ambos percorreu as instalacións do servizo e agradeceu aos empregados e empregadas o esforzo realizado estes meses na xestión destas prestacións.
O delegado informou que hoxe en Galicia cobran unha pensión pensión contributiva 681.234 persoas, “un de cada catro galegos e galegas” aos que a Seguridade Social aboa mensualmente máis 760.000 pensións “760.000 salarios que deben chegar puntualmente aos seus perceptores”, apuntou.
*Dignificación das pensións
O delegado indicou que a reforma da Lei de Pensións cumpre un dos compromisos do Goberno e é unha decisión “de xustiza e de dignidade” cos pensionistas de quen lembrou que “no peor da pandemia fixeron o esforzo de soster coas súas pensións a fillos e netos afectados pola crise”. Na súa intervención, o delegado fixo fincapé en que a reforma achega a seguridade aos e as pensionistas de agora e aos e as do futuro de que “as súas pensións se van a revalorizar sempre coa inflación, sexa a que sexa”.
Na práctica, o novo marco de referencia das pensións, “froito do acordo social e non da imposición”, suprime o factor de estabilidade do marco anterior e a suspensión da revalorización anual. “Os nosos e nosas pensionistas arrastraban o efecto deste mal chamado factor de estabilidade que provocou que os pensionistas galegos perdesen desde 2017 un 7,5% de poder adquisitivo”, apuntou.
Coa revalorización acordada para este ano, a pensión media en Galicia en xaneiro de 2022 subiu ata os 923,37 euros. “Se nos baixamos ao nivel de cada pensionista, a subida nas súas pensións tradúcese en case 40 euros máis ao mes, máis de 500 euros ao ano. A iso hai que unir a paga compensatoria recibida neste mes de xaneiro. En total, 750 euros máis ao ano de media para os nosos maiores”, indicou o delegado.