A Subdelegación do Goberno en Ourense coordina os dispositivos de seguridade para garantir o cumprimento das normas sanitarias ante o fin de ano

30/12/2021

Emilio González apunta á colaboración e coordinación institucional como elementos fundamentais para minorar a propagación e transmisión comunitaria do virus


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu a reunión extraordinaria de Coordinación cos Corpos e Forzas de Seguridade, no marco das accións e operativos preventivos da loita contra a Covid-19, ante a alta incidencia e ritmo de *contagios en Ourense e na Comunidade Autónoma. Na reunión analizáronse as previsións das limitacións e restricións impostas pola Xunta de Galicia desde a madrugada do 31 de decembro ata o 18 de xaneiro, tanto en relación cos novos horarios da hostalaría e restauración como en aforos, toque de queda e lecer nocturno.

A Policía Nacional coordinará conxuntamente coa Policía Local e Autonómica operativos mixtos para previr a celebración de botellóns e dar cumprimento ás demais medidas restritivas impostas pola Xunta de Galicia.

A Garda Civil articulará operativos conxuntos coas policías locais do resto da provincia, en especial nos núcleos de maior poboación.

El subdelegado cree que la colaboración y coordinación institucional es básica y fundamental para aminorar la propagación y transmisión comunitaria del virus.

Outro dos obxectivos prioritarios durante estes días, segundo o subdelegado, tendo en conta que se poidan celebrar eventos masivos, concertos e actividades que poidan fomentar aglomeracións de persoas, é o de manter e reforzar a seguridade cidadá en espazos públicos e nos lugares máis sensibles da cidade e do resto da provincia.

 Además del subdelegado, también asistieron el comandante de la Guardia Civil, José Benito Fernández Santamarina, el inspector jefe de la Comisaría provincial del Cuerpo Nacional de Policía,  Juan Antonio Padrón Francisco, el jefe accidental de la Unidad del Cuerpo Nacional de Policía  adscrita a la Comunidad Autónoma, Breogán Rivo Iglesias, el inspector principal de la Policía Local, Benjamín González Quintana y el secretario general de la Subdelegación del Gobierno, Manuel Arias Carral.