Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Noviembre > José Miñones informa de que o Goberno destina 900.902 € do Plan de Recuperación para fomentar a bioseguridade no transporte de gando e nos viveiros agrícolas de Galicia
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
José Miñones informa de que o Goberno destina 900.902 € do Plan de Recuperación para fomentar a bioseguridade no transporte de gando e nos viveiros agrícolas de Galicia
12/11/2021
Apuntou que as axudas serán convocadas pola Xunta con esta aportación estatal e que se repetirán nos vindeiros dous exercicios
Explica que forma parte do Plan de Impulso á Sostibilidade e Competitividade da Agricultura e Gandeiría
Promoverán a posta en marcha de novas infraestruturas e técnicas para evitar a aparición de enfermidades e a súa propagación a outras explotacións
Entre outras actuacións, o delegado destaca que se inclúe a automatización no transporte de gando ou a termoterapia nos viveiros de vide
O delegado do Goberno, José Miñones, José Miñones informa de que o Goberno destina este ano 900.902,88 € do Plan de Recuperación para fomentar a bioseguridade no transporte de gando e nos viveiros agrícolas de Galicia. Esta achega foi aprobada polo Consello de Ministros do pasado día 2 e pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e será transferida á Xunta para que esta poida convocar con ela as axudas correspondentes a productores agrícolas e gandeiros.
A cantidade forma parte do Compoñente 3 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que está centrado na transformación ambiental e dixital do sector agroalimentario e pesqueiro, que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. José Miñones detallou este é o primeio reparto dos tres que efectuará o Goberno nesta materia ata o ano 2023, data de vixencia dos fondos de recuperación.
Investimentos en centros de transporte e viveiros
A bioseguridade refírese, en sentido amplo, ao conxunto de medidas, tanto de infraestrutura como de prácticas de manexo, que se activan para evitar ou reducir o risco de entrada de enfermidades infecto-contaxiosas e parasitarias, e a súa posterior difusión dentro dunha explotación ou cara a outras explotacións gandeiras.
O importe achegado polo Ministerio para bioseguridade en Galicia contempla dúas liñas de investimentos, entre os que se reparten a totalidade de fondos:
- En materia de sanidade animal, para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, a través de melloras tecnolóxicas como a automatización, a robotización, a instalación de novos sistemas para a limpeza e desinfección, ou a construción de novos centros. Esta liña recibe 490.324,80 euros.
- En materia de sanidade vexetal, incentívanse os investimentos que realicen os produtores de materiais vexetais de reprodución destinadas a instalacións de protección de viveiros fronte a insectos vectores de pragas cuarentenarias máis importantes pola súa incidencia económica na produción agrícola. Tamén se incentivará a instalación de equipos de tratamentos mediante termoterapia en viveiros de vide. Esta liña recibe 410.578,08 euros.