Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Isabel Rodríguez felicita a Correos polo seu apoio aos veciños do rural
15/09/2021
A subdelegada recibe ao novo xefe de sector de oficinas de Correos en Lugo, Miguel Ángel García Folgueira
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse hoxe co novo xefe de sector de oficinas de Correos en Lugo, Miguel Ángel García Folgueira, que desde este verán ocupa o cargo en substitución de Xosé Chorén, tralo seu nomeamento como xerente de produtos e servizos da área Noroeste da empresa pública.
Isabel Rodríguez interesouse pola marcha dos proxectos que está a desenvolver Correos na provincia de Lugo para que os veciños da zona rural poidan acceder a distintos servizos aproveitando a implantación no territorio da empresa pública.
A subdelegada destacou a importancia de que os concellos menos poboados dispoñan de servizos como os que lles está a facilitar Correos que elixiu a provincia de Lugo para poñer en marcha o seu proxecto piloto de oferta de servizos a domicilio a través da súa rede de carteiros rurais.
Outra iniciativa pioneira que vén de estrearse nas últimas semanas é a implantación dun caixeiro automático na oficina de Correos de Samos, que lles permite a veciños, pequenos empresarios e peregrinos realizar transaccións económicas na localidade sen ter que facer desprazamentos.
Rodríguez agradeceu a Correos a implantación destas medidas pioneiras e felicitou García Folgueira polo seu nomeamento, ademais de desexarlle éxito no responsabilidade que acaba de asumir.