Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Isabel Rodríguez recoñece o papel da Garda Civil para protexer aos lucenses da pandemia sanitaria
29/07/2020
A subdelegada do Goberno eloxiou a profesionalidade da Benemérita durante o acto de presentación dos 23 alumnos da Garda Civil que se incorporan de prácticas á provincia de Lugo
Son dous máis que no anterior curso os gardas que completarán en Lugo a súa formación ao tempo que axudan a reforzar os servizos en 15 cuarteis da provincia
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias, deron a benvida hoxe aos 23 gardas civís que farán as prácticas durante un ano en cuarteis da provincia de Lugo para completar a súa formación.
Isabel Rodríguez saudou aos gardas en prácticas, desexoulles o maior aproveitamento do tempo no que van completar a súa formación e aproveitou para recoñecer o gran esforzo realizado pola Garda Civil, xunto co resto de forzas de seguridade, para protexer aos lucenses da pandemia sanitaria provocada polo COVID-19.
“Podo dicir con orgullo que vos incorporades a unha Comandancia exemplar e quero agradecer a todos os mandos, co coronel á cabeza, e a todos os gardas civís da provincia o extraordinario esforzo realizado nos últimos meses, nunhas circunstancias moi complicadas para todos. Durante todo este tempo, a Garda Civil estivo entregada ao servizo público sen descanso e penso que esta é unha boa ocasión para poñelo de manifesto”, destacou a subdelegada.
Pola súa parte, o coronel xefe da Comandancia, Miguel Ángel González Arias, lembroulles que a Garda Civil é unha institución moi querida na provincia e pediulles que teñan un comportamento exemplar, actuando sempre ao servizo dos cidadáns.
Este ano serán dous máis os gardas civís destinados a Lugo para facer as súas prácticas. Proceden tanto da Academia de Baeza (Xaén) como do Colexio de Gardas Xóvenes de Valdemoro (Madrid) e están distribuídos en 15 cuarteis da provincia.
Concretamente, foron destinados aos postos de Burela, Ribadeo, Chantada, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Vilalba, Viveiro, Castro de Rei, Meira e Becerreá.
Catro dos 23 axentes que completarán aquí a súa formación son mulleres. A maioría deles son orixinarios da provincia de Lugo, pero tamén hai algúns doutros puntos de España como Palma de Mallorca.