Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Emilio González avalía nas oficinas do SEPE a situación actual das prestacións aprobadas polo Goberno
05/06/2020
Dende o comezo da crise sanitaria as prestacións por ERTEs e desemprego a traballadores na provincia ascenderon a 47 millóns de euros
O subdelegado do Goberno sinalou que os ERTES vinculados ao COVID-19 constitúen un piar básico para protexer o tecido empresarial, social e económico da provincia de Ourense
Emilio González agradeceu aos funcionarios do Servizo Público de Emprego Estatal o seu traballo excepcional para axilizar o pago de prestacións a traballadores prexudicados pola pandemia
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, mantivo durante a mañá de hoxe unha reunión co Director Provincial do Servizo Público de Emprego Estatal en Ourense, Celso Fernández, para avaliar a situación actual das tramitacións correspondentes ás diferentes axudas e prestacións postas en marcha por parte do Goberno de España motivadas polo COVID-19.
O subdelegado do Goberno sinalou que a aposta por dar unha resposta a todos os colectivos ante a crise sanitaria supuxo un inxente volume de traballo para o persoal que presta servizo no SEPE, permitindo que dende o comezo da crise sanitaria o pago das prestacións por ERTEs e por desemprego na provincia de Ourense ascendera a 47 millóns de euros. Isto supuxo que máis de 21.000 traballadores e traballadoras da provincia de Ourense percibiran 34 millóns de euros nos meses de abril e de maio pola prestación especial por ERTES.
Emilio González sinalou que os ERTES vinculados ao COVID-19 “supoñen un esforzo sen precedentes no noso país e un piar básico para protexer o tecido empresarial, social e económico da nosa provincia, encadrado dentro do obxectivo do Goberno de traballar en todas as frontes para non deixar a ninguén atrás nesta crise provocada pola pandemia”.
AGRADECEMENTO AO PERSOAL DO SEPE
O persoal do SEPE en Ourense tramitou durante os meses de abril e maio un total de 36.498 expedientes, número equivalente á cifra de tramitación anual de cada un dos últimos cinco anos. A ese volume de expedientes súmaselle a resolución de 2.888 consultas realizadas por correo electrónico e 8.497 realizadas por vía telefónica.
Durante a visita ás oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal en Ourense, Emilio González quixo transmitir a todo o persoal “o agradecemento e o recoñecemento polo traballo excepcional levado a cabo dende o mes de marzo para que os traballadores e as traballadoras da provincia tivesen o máis rápido posible a súa prestación”.
Por iso, o subdelegado do Goberno quixo sinalar que, a pesar de rexistrarse erros de variada tipoloxía que contiñan as solicitudes colectivas e que xeraron retraso na resolución por ter que ser devoltas para a súa corrección, “o persoal do SEPE de Ourense foi quen de xestionar o 100% das solicitudes, tanto a través da modalidade de teletraballo como presencialmente, en ambos casos con xornadas maratonianas”.