María Rivas pon en valor o traballo que leva a cabo a Policía Nacional para formar ao alumnado en temas de ciberseguridade e darlles a coñecer todos os riscos que *entraña o uso de internet

María Rivas pon en valor o traballo que leva a cabo a Policía Nacional para formar ao alumnado en temas de ciberseguridade e darlles a coñecer todos os riscos que *entraña o uso de internet

03/05/2023

A subdelegada do Goberno subliñou a importancia de recibir este tipo formación para que os menores saiban recoñecer que determinadas condutas que se realizan a través de internet son consideradas un delito

María Rivas felicitou ao alumnado pola superación deste curso e incidiu na importancia de avisar en casa, no centro educativo ou ás forzas de seguridade cando detecten algún perigo


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu esta mañá na entrega de carnés de *ciberexpertos que a Policía Nacional ha entregado a 125 alumnos e alumnas de sexto de primaria de catro colexios públicos da Coruña. Estivo acompañada polo Comisario Provincial, Fernando Martínez.

Para obter este carné os alumnos tiveron que superar satisfactoriamente un curso de formación no uso seguro de Internet que impartiron  Alberto Arias, inspector de Participación Cidadá e o axente Abraham *Arruñada. Eles foron os encargados de dar estas charlas nos centros educativos, ademais doutras temáticas como acoso escolar, alcol e drogas, igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero ou bandas xuvenís.

O programa, cunha duración de cinco horas lectivas,  está dividido en dez unidades didácticas nas que, entre outras cuestións, incídese en aspectos como o *ciberacoso, a *suplantación de identidade, o *grooming, o *sexting, *tecnoadicciones, normas para manter a privacidade dos usuarios, así como recursos  e consellos para realizar unha navegación segura.

A subdelegada do Goberno felicitou ao alumnado pola superación deste curso e recoñeceu o labor que realiza a Policía Nacional para formar en seguridade no uso de Internet, recalcando aos estudantes a importancia de coñecer os riscos no uso destas tecnoloxías e de comunicar aos seus pais, escola ou á Policía cando detecten un destes perigos.

María Rivas  subliñou a importancia de recibir este tipo de formación e de que os menores saiban recoñecer que determinadas condutas que se realizan a través de internet son consideradas un delito.

O inspector Alberto Arias, un dos  responsables de impartir este programa, felicitou ao alumnado por aprobar con éxito o curso.

Víctor López Seoane, Mesoiro, *Labaca e o CEIP de Prácticas, cos centros de educación infantil e primaria que interviñeron no acto de hoxe. Durante a celebración desta xornada o alumnado puido comunicarse en directo a través dunha videoconferencia co humorista David *Perdomo e o porteiro do Deportivo Ian *Mackay, quen lles deron algúns consellos de seguridade para utilizar nas redes.

 

O programa

O programa *Ciberexpert@ trátase dun proxecto creado pola Policía Nacional, co apoio de Telefónica e a colaboración da Fundación de *Cibervoluntarios para mellorar a educación dixital das familias.

Os obxectivos do programa son realizar actividades para sensibilizar aos menores acerca dos riscos que poden atopar no uso cotián do TIC´*s, formarlles para un uso seguro de Internet e as redes sociais, e concienciarlles na importancia de xestionar adecuadamente a privacidade en liña e *offline.

Para conseguir estes obxectivos, as delegacións de Participación Cidadá de Policía Nacional co apoio da Comunidade Educativa imparten charlas de formación nos colexios.

Estas actividades de formación están complementadas con campañas de sensibilización e información, así como coa creación da páxina web www.ciberexperto.org onde ademais de atopar toda a información do programa, pódense denunciar situacións de risco na rede.