Isabel Rodríguez felicita a la Guardia Civil de Lugo por su capacidad de adaptación a los nuevos retos y pone el foco sobre la cibercriminalidade y la violencia machista en el 180 aniversario de la creación del cuerpo

Isabel Rodríguez felicita a la Guardia Civil de Lugo por su capacidad de adaptación a los nuevos retos y pone el foco sobre la cibercriminalidade y la violencia machista en el 180 aniversario de la creación del cuerpo

23/05/2024

La subdelegada remarcó el esfuerzo de los agentes para dar respuesta a las necesidades de una provincia con una idiosincrasia particular, en la que destaca la dispersión territorial y una población cada vez más envejecida

Agradeció el trabajo de la Guardia Civil en su tarea de divulgación, formación y prevención a través del Plan Director para la comunidad educativa, con más 700 acciones, y el Plan Mayor para lo apoyo a personas de avanzada edad

Afirmó que el año pasado fueron esclarecidos más de 1.700 delitos, un 5% más que el año anterior, “lo que indica que vamos por el buen camino gracias al compromiso y a la profesionalidad de los guardias civiles de una de las provincias más seguras del estado”

Isabel Rodríguez puso la tilde sobre el aumento de las estafas por internet y la violencia de género, con 369 casos activos en la base de la datos de VIOGEN


A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, apelou esta mañá á importancia do traballo da Garda Civil de Lugo na detección e prevención da cibercriminalidade e a violencia machista na provincia. Así se pronunciou no acto de conmemoración do 180º aniversario da fundación da Garda Civil, no que tamén estiveron presentes o coronel Manuel Touceda; a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; o presidente da Deputación, José Tomé; e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

 

A subdelegada comezou o seu discurso sinalando “con rotundidade a capacidade de resiliencia e adaptación do corpo aos novos tempos”, especialmente “con dúas cuestións que nos preocupan como sociedade: o aumento das estafas por internet, e por suposto, a violencia de xénero”. Neste último punto, afirmou que son 369 os casos activos a nivel provincial no sistema de seguimento integral VIOGEN. “Unha cuestión de Estado que nos interpela a todos e a todas, unha violencia estrutural que fai tremer os cimentos do noso modelo de convivencia democrática”. Nesta liña, agradeceu o compromiso da Garda Civil “non só na protección das mulleres, senón tamén na prevención deste tipo de violencias”.

 

Así, resaltou o traballo que se está a realizar co Plan Director nos centros educativos, con máis de 700 accións nos últimos dous cursos para concienciar e formar a alumnado, profesorado e familias sobre igualdade, violencia machista, ciberseguridade, acoso escolar, drogadiccións ou seguridade viaria, entre outros temas. Tamén puxo en valor o alcance do Plan Maior, “que contribúe a dotar de ferramentas ás persoas de avanzada idade para previr estafas ou autoprotexerse dalgúns dos perigos actuais”.

 

Isabel Rodríguez felicitou aos gardas civís “de todos e cada un dos municipios lucenses por saber adaptarse ás características e ideosincrasia do territorio, cun acentuado envellecemento da poboación e unha grande dispersión poboacional, o que dificulta en moitas ocasións o voso traballo”.

 

Finalmente, subliñou que no último ano “a Garda Civil conseguiu esclarecer na provincia máis de 1.700 delitos, un 5% máis que o ano anterior, o que indica que imos polo bo camiño grazas ao compromiso e profesionalidade dos axentes, aínda que queda moito por facer”, concluíu.

 

Condecorados

Durante o transcurso do acto, concedéronse as condecoracións de Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo branco ao cabo 1º Pablo López Rubio e aos gardas civís Antonio Hernández Hernández, Jose Ángel Quintas González, Carlos Carballido Prieto, Julio Gómez García, Jesús López López, Antonio Rivera Diniz, Gervasio Murado Linares, Ramón Paz Fernández, Eloy Martínez Núñez, Javier López Lorido e Miguel Ángel Fernández Ramallal. Ademais, entregouse un diploma conmemorativo a José María Uriz Devesa, que pasou recentemente á situación de retiro, e obsequiouse a Antonio Grande Carregal, garda civil de 93 anos, cunha figura representativa en agradecemento ao seu servizo.