José Miñones avanza en As Neves que el Plan de Recuperación financia con 835.000 euros cuatro proyectos innovadores en ayuntamientos de Pontevedra para combatir la despoblación

04/03/2023

O delegado presenta nas Neves o proxecto de rehabilitación e creación dun *coliving nas escolas unitarias e vivendas de mestres de *Taboexas, que financia o Ministerio para a Transición Ecolóxica con 141.389 euros

Este programa do Goberno está a financiar 13 actuacións similares en toda Galicia con 2,3 millóns de euros de investimento

Os proxectos teñen por obxectivo dinamizar a economía rural e atraer poboación e son unha demostración da acción do Goberno para combater o reto demográfico

O Goberno de Pedro Sánchez promove cun millón de euros a transición verde e dixital en *Aas Neves a través de proxectos de eficiencia enerxética e garantindo acceso a internet de banda larga a 1.000 familias do municipio


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou nas Neves o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez cos municipios de reto demográfico de Galicia, que se materializa novamente no impulso a 13 proxectos pioneiros contra o despoboamento con 2,3 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia do Goberno. 

José Miñones estivo nas Neves, onde presentou, xunto co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, *Maica *Larriba, o proxecto para rehabilitar e converter as casas de mestres e escolas unitarias de *Taboexas nun centro de *coliving. 

O obxectivo do Concello das Neves é asentar poboación no rural e dinamizar a economía destas zonas. Para iso, o proxecto vai intervir en cinco vivendas, actualmente en abandono, para reutilizalas e que se ocupen por novos habitantes. O proxecto, ademais de permitir o asentamento de poboación, tamén contempla proporcionar espazos para que estas persoas poidan desenvolver actividades económicas e sociais. 

A iniciativa presentada polo Goberno local das Neves, é unha do trece de Galicia seleccionadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de axudas para desenvolver iniciativas innovadoras que fomenten a transformación territorial dos municipios de reto demográfico. Na provincia de Pontevedra inxectaranse 835.465 euros para desenvolver 4 iniciativas ao abeiro deste programa e que promoven a Deputación de Pontevedra, a Mancomunidade do Salnés, o *AETC Río Miño e o Concello das Neves.

O delegado manifestou o convencemento deste Goberno “no atractivo e na capacidade de transformación e actualización que ten o rural” e avanzou que este ano o Ministerio abrirá unha nova liña de axudas para proxectos piloto que porá a disposición das entidades locais 33 millóns de euros.

Transformación verde e dixital do Concello das Neves

José Miñones remarcou nas Neves na aposta do Goberno polo municipalismo e pola continua colaboración cos concellos que se plasma en distintas liñas de investimento para impulsar a transición verde e dixital dos municipios. Apuntou que os investimentos do Goberno de Pedro Sánchez nas Neves superan o millón de euros para eficiencia enerxética, vivenda, reto demográfico e acceso a internet.

Dentro destes investimentos destacan os 925.655 euros achegados polo *IDAE (organismo do Ministerio para a Transición Ecolóxica) e que permitiron ao Concello das Neves renovar integramente a iluminación exterior municipal e a da Casa da Cultura, para facelas máis eficientes e posibilitar un importante aforro na factura e redución da pegada ecolóxica do municipio. 

Tamén no ámbito da eficiencia enerxética, o Concello das Neves recibiu unha achega de máis de 55.000 euros para instalar *aerotermia nos edificios da Escola Unitaria e da Escola Infantil de dimo. Neste caso, a axuda foi xestionada pola Deputación de Pontevedra dentro dunha convocatoria específica do Ministerio para a Transición Ecolóxica dirixida a municipios de menos de 5.000 habitantes. 

En vivenda, As Neves benefíciase da liña de recuperación de contornas urbanas dentro do Plan Estatal de Vivenda para impulsar a rehabilitación de vivendas no centro urbano e no barrio da Estación. Esta axuda, que se xestiona a través da Xunta, inclúe a creación dunha oficina que asesore á cidadanía na mellora destas vivendas, actualmente baleiras, para polas de novo no comprado.  

Xunto a estes investimentos, o delegado tamén avanzou que o programa Programa ÚNICO Banda Larga, xestionado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, garantirá a banda larga de altas prestacións a 1.000 familias e empresas das Neves antes do fin do próximo ano. 

Por último, José Miñones subliñou que As Neves está incluída no Plan de Sustentabilidade Turística Condado-*Paradanta, que financia o Ministerio de Industria cun millón de euros do Plan de Recuperación.