Emilio González celebra que a partir de hoy más de 100.000 ourensanos se beneficiarán de la subida del 8,5% de las pensiones

25/01/2023

“Unha medida coa que o Goberno de España garante o poder adquisitivo destas persoas nun contexto marcado pola alta inflación”, asegura o deputado adxunto

No conxunto de Ourense, este incremento supón un desembolso anual total de 94 millóns de euros, uns 8 millóns máis que o ano pasado.

Grazas á blindaxe do poder adquisitivo dos pensionistas por parte do actual Goberno, xa que, se se aplicou a revalorización do 0,25% anual fixada polo PP en 2013, a pensión media de xubilación incrementouse en menos de 50 euros anuais


Ourense, 25 de xaneiro de 2023.- O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González celebra a boa noticia de que hoxe son moitos os pensionistas galegos que están a ver reflectida na súa conta bancaria a revalorización das súas prestacións. “Un incremento do 8,5% co que o Goberno español garante o poder adquisitivo destas persoas nun contexto marcado pola alta inflación”, apunta González.

Máis de 100.000 ourensáns beneficiaranse desta importante medida do executivo de Pedro Sánchez - 106.694 persoas da provincia beneficiaranse deste incremento, ata alcanzar unha pensión media de 880,91 euros, o que supón uns 74 euros máis ao mes que o ano pasado Desde a Subdelegación sinalan que no conxunto da provincia de Ourense, este aumento supón un “desembolso total anual de 94 millóns de euros, uns 8 millóns máis que o ano pasado”.

Unha medida posible grazas á blindaxe do poder adquisitivo dos pensionistas por parte do actual Goberno. Co Goberno de Pedro Sánchez as pensións están a subir na provincia “ata os 74 euros, mentres que co PP a subida non chegaría aos 4 euros”, di González, xa que, se se supera a revalorización anual do 0,25% fixada polo PP en 2013 de aplicarse, a pensión media de xubilación subiría menos de 50 euros ao ano.

A pensión media en Galicia ascende a 1.160,85 euros e para o conxunto do Estado a pensión media alcanza os 1.189,12 euros.

Desde a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno a revalorización supera o 25%, xa que en 2018 a pensión media de xubilación en Galicia foi de 927,78 euros.