María Rivas sinala que coa subida do 8,5% o Goberno español garante o poder adquisitivo das persoas pensionistas nun contexto marcado pola inflación

María Rivas sinala que coa subida do 8,5% o Goberno español garante o poder adquisitivo das persoas pensionistas nun contexto marcado pola inflación

25/01/2023

No conxunto da provincia da Coruña, esta subida representa un desembolso total anual en pensións de 323 millóns de euros, uns 28 millóns máis que o ano pasado

Na provincia da Coruña son 303.294 persoas as que se benefician desta subida para alcanzar unha pensión media de 1.065 euros, o que supón uns 90 euros máis ao mes que o ano pasado

Co Goberno de Pedro Sánchez as pensións soben 90 euros ao mes fronte aos 50 euros anuais que subirían co Goberno do PP


Hoxe son moitos os pensionistas galegos que están a ver reflectida na súa conta bancaria a revalorización das súas prestacións. Unha subida de 8,5% coa que, segundo sinala María Rivas, “o Goberno español garante o poder adquisitivo destas persoas nun contexto marcado pola alta inflación”.

 Segundo datos adiantados pola subdelegada do Goberno na Coruña, “No caso da provincia da Coruña, serán 303.294 persoas as que se beneficien desta subida para alcanzar unha pensión media de 1.065 euros, o que supón uns 90 euros máis ao mes que o ano pasado”.

No conxunto da Coruña, esta subida representa un desembolso total anual en pensións de 323 millóns de euros, uns 28 millóns máis que o ano pasado, unha cantidade coa que, segundo María Rivas, “poderíase financiar unha infraestrutura como a rexeneración da ría do Burgo ou a ligazón do Orbital de Santiago de Compostela”

A subdelegada sinala  que “isto é posible grazas á blindaxe que fixo o actual Goberno do poder adquisitivo das persoas pensionistas, xa que, de aplicarse a revalorización de 0,25% anual fixada polo PP en 2013, a pensión media de xubilación subiría menos de 50 euros anuais”

Por tanto, co Goberno de Pedro Sánchez as pensións soben 90 euros ao mes, 1.260 euros ao ano fronte aos 50 euros anuais que subirían co Goberno do PP.

Así as cousas, a pensión media en Galicia sitúase en 1.161 euros. No caso das pensións de xubilación, que representan case dous terzos do total (62,8%), a contía media ascende ata os 1.160,85 euros. No conxunto do Estado, a pensión media alcanza os 1.189,12 euros.

A subdelegada do Goberno na Coruña fai fincapé en que “desde a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno a revalorización supera 25%, xa que en 2018 a pensión media de xubilación situábase en Galicia nos 927,78 euros”.