José Miñones reivindica o impulso do Goberno á transformación da mobilidade, a sustentabilidade e a transición enerxética dos concellos de Galicia coa implantación da Axenda Urbana

José Miñones reivindica o impulso do Goberno á transformación da mobilidade, a sustentabilidade e a transición enerxética dos concellos de Galicia coa implantación da Axenda Urbana

20/12/2022

O delegado valora que cada municipio que asume o reto da Axenda Urbana ten “un papel fundamental na transformación económica e social”

“O obxectivo é claro: lograr a sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano”

Subliña o protagonismo local no desenvolvemento dun novo urbanismo e felicita nóveos concellos galegos que reciben un millón e medio de euros para desenvolver os seus plans piloto


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou esta mañá en Ames o impulso que o Goberno está a dar á transformación da mobilidade, a sustentabilidade e a transición enerxética dos concellos de Galicia a través da implantación da Axenda Urbana. “O obxectivo é claro: lograr a sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano”, afirmou o delegado, que clausurou as ‘Xornadas sobre desenvolvemento urbano en Galicia e Axendas Urbanas: O papel das cidades intermedias”. No evento participaron tamén as alcaldesas e os alcaldes da Coruña, Santiago, Redondela, A Estrada e Carballo, que compartiron as experiencias do desenvolvemento da Axenda Urbana no seu territorio.

“A Axenda Urbana é un traballo en rede, que tecemos entre todos os niveis da administración, e con especial protagonismo dos concellos”, sinalou o delegado. Neste sentido, felicitou nóveos concellos galegos que foron seleccionados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e que recibiron un millón e medio de euros para desenvolver plans pilotos de Acción Local cos que aplicarán a Axenda Urbana nos seus territorios, e que poderán ser *extrapolados a outras localidades de España para avanzar na implantación deste novo reto.

José Miñones valorou que As Pontes, Paradela, Tui, Lalín, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Santiago e Lugo son “pioneiros”. Asegurou que cada municipio que asume o reto da Axenda Urbana, como é o caso de Ames, ten “un papel fundamental na transformación económica e social de Galicia, na garantía da súa cohesión territorial, na loita contra o despoboamento e na protección do medio ambiente e a loita contra cámbioo climático”. En consecuencia, felicitou a estes municipios por asumir “a responsabilidade de pararse a repensar a forma na que planifican o espazo no que viven os seus habitantes”. E puxo como exemplo o Plan Impulsa Ames, como plan de desenvolvemento urbano sustentable e integrado.

O delegado incidiu no Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia do Goberno como gran oportunidade e lembrou que Galicia é a quinta comunidade autónoma que máis fondos está a recibir, con preto de 2.000 millóns de euros xa executados, dos cales o 60% corresponden a transferencias á Xunta.

Apuntou ademais que os concellos son “grandes protagonistas” deste proceso de transformación, con accións como as propias Axendas Urbanas e programas como o *DUS 5000, *PREE 5000, ambos para concellos do Reto Demográfico; o Programa Único-Banda Larga, que chega a todo o territorio; ou as axudas para a dixitalización dos municipios de máis de 20.000 habitantes. Ademais, fixo fincapé na acción do Goberno para apoiar unha nova mobilidade, con medidas con 36 millóns de euros do Ministerio de Transportes que están a financiar 21 proxectos de mobilidade sustentable en seis concellos galegos (Vigo, Santiago, Ourense, A Coruña, Arteixo e Lugo).

Estas liñas súmanse a accións que benefician directamente á cidadanía como a gratuidade dos abonos de tren de proximidade e a bonificación do 30% dos billetes de autobús de competencia autonómica en toda Galicia e liñas urbanas.

Finalmente, José Miñones avanzou que os fondos para o período 2021-2027 abrirán novas oportunidades e trasladou todo o apoio do Goberno para avanzar na modernización do urbanismo.