José Miñones subraya la dimensión social del Plan de Recuperación del Gobierno ejemplificada en los 730.000 euros para la rehabilitación de la piscina municipal de A Cañiza

Visita ás obras da piscina

02/11/2022

O delegado reafirmou a aposta do Goberno co municipalismo e destacou que o *PIREP Local é unha mostra do esforzo para apoiar as principais demandas dos concellos e da súa cidadanía. O da Cañiza é un dos 17 proxectos que o Goberno vai financiar a través deste programa na provincia de Pontevedra, cun investimento total de 12,1 millóns de euros dos 27 millóns concedidos en Galicia.


A Cañiza, 2 de novembro de 2022.- O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe a dimensión social do Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia do Goberno a través da mellora dos servizos públicos municipais, e que se *ejemplifica nos 727.678 euros que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (*MITMA) concedeu ao Concello da Cañiza para a rehabilitación da súa piscina municipal. Esta axuda forma parte do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para Entidades locais (*PIREP Local), que o *MITMA resolveu a pasada semana.
 
O delegado visitou hoxe este municipio, acompañado da subdelegada do Goberno en Pontevedra, *Maica *Larriba, e do alcalde, Luís Piña, e puxo como exemplo á localidade pontevedresa de como “o Plan de Recuperación chega a todo o territorio para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”. “O *PIREP Local é unha mostra do esforzo do Goberno para apoiar as principais demandas dos concellos e da súa cidadanía, porque grazas a este programa vanse a mellorar edificios que a veciñanza utiliza no seu día a día, como son os educativos, sanitarios, culturais ou deportivos”, engadiu.
 
José Miñones supervisou as obras de rehabilitación da piscina municipal, que xa están en marcha. Calcúlase que poidan estar finalizadas no prazo de dous meses tras reformar de maneira integral as dúas cubertas, mellorar a climatización da instalación, substituír as caldeiras de gas-*oil por outras de *pellets para conseguir unha maior eficiencia enerxética, crear unha zona de usos polivalentes e acondicionar os vasos, entre outras actuacións. “Son unhas obras moi ambiciosas que suporán un antes e un despois para este edificio público, pero son os veciños e veciñas da Cañiza os principais beneficiados porque grazas a este investimento pronto disporán dun novo complexo de referencia para o seu lecer, saúde e deporte”, engadiu o delegado.
 
O da Cañiza é un dos 17 proxectos que o Goberno vai financiar a través do *PIREP Local na provincia de Pontevedra, cun investimento total de 12,1 millóns de euros dos 27 millóns concedidos en Galicia. “Ademais”, explicou o delegado, “Pontevedra é a terceira provincia de España que máis proxectos vai sacar adiante no marco deste programa financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia”. “Son 2 proxectos concedidos á Deputación e 15 a concellos, polo que se beneficiarán de maneira directa case medio millón de habitantes da provincia”, subliñou José Miñones, á vez que lembrou que 6 destas entidades locais pertencen aos denominados municipios do Reto Demográfico.
 
O delegado fixo fincapé en que o Goberno “está ao carón dos concellos e ten un firme compromiso coa mellora dos seus servizos públicos”, financiando actuacións por todo o territorio que “servirán para crear novas dotacións ou para mellorar as existentes, e que, en moitos casos, porán en uso edificios que se atopaban abandonados e que, grazas a este programa, abren de novo as súas portas”. “Falamos de proxectos nos que ten un peso moi importante a sustentabilidade ambiental pois un dos obxectivos do *PIREP é o de promover edificios públicos máis eficientes *enerxeticamente xunto coa accesibilidade e a calidade arquitectónica”, apuntou.
 
Internet de alta velocidade

 
José Miñones aproveitou a visita á *Cañiza para repasar outros proxectos que impulsa o Goberno no municipio. Así, lembrou que este é un dos concellos de Galicia beneficiados nas dúas convocatorias do Programa de *Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Larga, que sumarán un total de 2.078 vivendas/empresas con acceso a banda larga neste concello.
 
O concello da Cañiza tamén recibiu subvencións do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Instituto *IDAE para 6 proxectos de aforro e eficiencia enerxética no alumeamento público por valor de 2.014.580,15 €. Estes proxectos permitiron renovar as luminarias nas parroquias de Achas, A Cañiza, *Valeixe, *Orouso, *Petán, O Couto e Parada.