Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Lugo
- Subdelegación do Goberno en Ourense
- Subdelegación do Goberno en Pontevedra
- Subdelegación do Goberno na Coruña
Maica Larriba dálle a benvida ao novo comandante naval de Vigo e destaca a súa dilatada traxectoria na Armada
25/01/2022
A subdelegada do Goberno en Pontevedra participou hoxe no acto de entrega de mando a Antonio Couce Calvo.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou hoxe no acto de entrega de mando ao novo comandante naval de Vigo, Antonio Couce Calvo. Maica Larriba destacou a ampla traxectoria deste oficial superior da Armada Española, que toma o relevo do capitán de fragata, Carlos Cárdenas, na Cidade Olívica.
“Teño a certeza de que o novo comandante naval continuará co excelente traballo que se leva a cabo historicamente nunha das comandancias máis importantes do Estado e desde a Subdelegación do Goberno en Pontevedra estamos á súa enteira disposición e brindámonos a establecer unha colaboración estreita entre institucións no relativo a asuntos marítimos”, sinalou a subdelegada. Ao mesmo tempo, desexoulle “sorte e éxitos profesionais nesta nova etapa que hoxe comeza” e agradeceu o “gran labor” do comandante saínte, Carlos Cárdenas, ao longo dos últimos catro anos.
Antonio Couce é oficial superior da Armada Española e na súa anterior etapa militar estivo destinado na base aeronaval da OTAN en Norfolk (Virxinia) en Estados Unidos.