José Miñones destaca que o Goberno adicou este curso 30,1 millóns de euros en bolsas de estudo que apoiaron a un de cada tres estudantes da Universidade de Santiago
09/07/2021
Neste curso 2020/21 ata 8.758 alumnos e alumnas percibiron estas achegas, un 11% más que no curso anterior
A Delegación do Goberno contratará 4 persoas que se incorporarán á unidade de xestión da Universidade de Santiago para axilizar a tramitación de bolsas
Os grupos de investigación da Universidade compostelá percibiron 20 millóns de euros do Goberno no último ano para os seus traballos
José Miñones traslada ao reitor a oportunidade que presenta o Plan de Recuperación para a institución académica compostelá
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que ata 8.758 alumnos e alumnas da Universidade de Santiago recibiron neste curso unha bolsa de estudo do Executivo que destinou 30,1 millóns de euros a aboar estas achegas. José Miñones fixo estas declaracións durante a súa primeira visita institucional á USC, onde mantivo unha reunión co seu reitor, Antonio López.
José Miñones puxo en valor a aposta do Goberno polas bolsas académicas como instrumento que garante a equidade do acceso á educación. “Na Universidade de Santiago, o programa estatal de bolsas chegou a 1.400 alumnos e alumnas máis que o curso anterior e aumentamos un 19% o impacto con 3 millóns de euros máis en axudas”, indicou, o que significa que un de cada tres matriculados nos diferentes niveis desta institución accederá a unha axuda pública para estadía e taxas académicas. Lembrou que a próxima convocatoria, que sairá publicada nestas semanas, contará cunha dotación histórica de 2.038 millóns de euros, cos que se prevé aumentar un 24,5% as bolsas outorgadas.
O delegado tamén trasladou ao reitor que a Delegación do Goberno apoiará a tramitación das bolsas académica na unidade de xestión da Universidade de Santiago con 4 persoas contratadas, que se incorporarán no próximo mes de setembro.
Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Durante a xuntaza, o delegado e o reitor analizaron as oportunidades que abre o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para a Universidade, concretamente a través de dúas políticas panca centradas na modernización da educación superior e na progresión da ciencia.
Estas dúas políticas contan cun orzamento de 12.266 millóns de euros. “Sei que a Universidade de Santiago ten capacidade e potencial académico e investigador suficiente para ser referente nas dúas. Xa o demostrou nestes últimos anos, cando captou case 20 millóns do Goberno de euros no capítulo de investigación”, apuntou José Miñones.
A primeira política panca busca modernizar a formación e a mobilidade do seu capital humano e as súas infraestruturas. A segunda o que persigue e garantir que a ciencia e o coñecemento das Universidades cheguen á sociedade.