Subdelegado del Gobierno

Abel Losada Álvarez

Abel Losada Álvarez

Naceu en Ourense en 1964. É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor Titular de Historia e Institucións Económicas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

É especialista en demografía, economía da poboación e economía empresarial, área na que publicou numerosos artigos e estudos e no que participou en congresos e seminarios, tanto nacionais como internacionais.

Foi deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2020, tempo no que ocupou varios cargos parlamentarios. Tamén foi director xeneral de Gabinete da Presidencia da Xunta de Galicia nos anos 2008 e 2009, e concelleiro en tres lexislaturas diferentes no Concello de Vigo, cargo que ocupaba na actualidade.

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA

Plaza de España, 1

36002 - Pontevedra

Teléfonos:

  • 986989000 Horario de atención al público: lunes a viernes de 9:00h a 17:30h. Período estival de 16 de junio a 15 de septiembre: lunes a viernes de 8:00h a 15:00h.

Faxes:

  • 986989232