Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A subdelegada coordina coas forzas de seguridade os dispositivos que velan polo cumprimento das restricións sanitarias
06/08/2021
A Subdelegación do Goberno acolle unha nova reunión para planificar o traballo conxunto dControis na provincia de Lugoas forzas de seguridade na provincia
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión coas forzas e corpos de seguridade para analizar os dispositivos que traballan na provincia para velar polo cumprimento das restricións fixadas polas autoridades sanitarias contra a pandemia do coronavirus. Na xuntanza de coordinación policial, celebrada a última hora da mañá na Subdelegación do Goberno, participaron mandos da Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Autonómica e a Policía Local de Lugo.
Isabel Rodríguez informou de que as forzas de seguridade continuarán a traballar en coordinación vixilando o cumprimento da normativa sanitaria e tamén fixo balance do labor realizado durante a última semana.
A subdelegada detallou que a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron na provincia, entre o 29 de xullo e o 5 de agosto, 644 controis, coa participación de 1.322 axentes. Ademais, realizáronse 469 inspeccións en establecementos de hostalería. En total, foron identificadas 9.021 persoas e controláronse 7.709 vehículos. Froito destes controis, eleváronse 133 propostas de sanción.