José Miñones destaca en Caldas el apoyo del Gobierno al proyecto Green UMIA - H2 Galicia y el impulso a las energías renovables como motor de transformación de la industria gallega

José Miñones destaca en Caldas el apoyo del Gobierno al proyecto Green UMIA - H2 Galicia y el impulso a las energías renovables como motor de transformación de la industria gallega

12/01/2023

“El Plan de Recuperación llega al territorio, llega a Galicia, y se demuestra que fue un acierto crear los PERTE, que están beneficiando a toda la industria gallega”, destaca el delegado

El proyecto impulsado por Iberdrola y Foresa en Caldas prevé la creación de una nueva planta de hidrógeno verde que permitirá reducir 58.000 toneladas de CO2 durante sus primeros diez años de vida

La inversión prevista es de 40 millones de euros y cuenta con una financiación provisional de 5,2 millones de euros del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia del Gobierno

“Este proyecto representa el camino hacia transformación de nuestro modelo productivo”

La resolución provisional del PERTE de Energías Renovables deja 32M€ en Galicia para tres proyectos de hidrógeno verde estratégicos


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe en Caldas de Reis a aposta do Goberno pola transformación do modelo produtivo galego, coa achega de 5,2 millóns de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para o desenvolvemento do proxecto Green Umia – H2 Galicia, que proxecta unha planta de hidróxeno verde na localidade. “O Plan de Recuperación do Goberno chega hoxe á industria galega e nos permitirá avanzar na transformación do modelo produtivo da nosa Comunidade”, destacou o delegado.     “O Plan de Recuperación chega ao territorio, chega a Galicia, e demóstrase que foi un acerto crear os PERTE, que están a beneficiar a toda a industria galega”, engadiu.

José Miñones recordou que dous tercios do investimento do Plan de Recuperación están centrados na transición enerxética e que as enerxías renovables son unha prioridade para o Goberno e unha gran oportunidade para Galicia.

Ademáis, felicitou aos promotores do proxecto Green UMIA - H2 Galicia,  Iberdrola e Foresa, por esta iniciativa que coa que Galicia se sitúa como referente a nivel internacional e por obter a máxima puntuación entre todos os proxectos en concurrencia competitiva na convocatoria de axudas do Ministerio de Transición.

José Miñones visitou a planta de Foresa, a empresa promotora do proxecto xunto a Iberdrola, acompañado do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, os membros da dirección de Foresa, Begoñá Gómez e Jesús Gómez, a directora da planta de Caldas, Beatriz Lagares, o delegado institucional de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, e outros cargos de ambas empresas. Tamén asistiu a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. No acto, José Miñones expresou o seu convencemento de que “a transformación  do noso modelo produtivo está en marcha. Galicia é unha potencia en renovables e o PERTE de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento é unha gran oportunidade que a industria galega xa está a aproveitar”.

O proxecto Green Umia – H2 Galicia foi o proxecto mellor valorado polo Ministerio no marco do “Programa H2 Pioneiros” e é unha das tres novas plantas de hidróxeno verde que impulsa o Goberno en Galicia cun investimento de 32 millóns de euros. Xunto á de Caldas, tamén está proxectada unha nas Pontes e outra no porto de Vigo.

A planta de Caldas suporá unha redución de 58.000 toneladas de CO2 durante os seus primeiros dez anos de funcionamento.

Tal e como explicou o delegado, o Goberno persigue con este PERTE, que creará 280.000 postos de traballo en todo o país, contribuír á creación de emprego de calidade, garantir a transición enerxética –á que se destinan dous de cada cinco euros do Plan de Recuperación- e afianzar o futuro da industria galega. “E nese camiño cara a unha industria máis sostible sempre vai estar este Executivo, coa man tendida ao resto de administracións e ao sector empresarial para avanzar conxuntamente”, afirmou.

José Miñones puxo a Foresa como exemplo da industria pola que aposta o Goberno no marco da transición ecolóxica, “un tecido industrial vivo, que xera emprego de calidade, que é competitivo e que impulsa a descarbonización da nosa economía”.

Así mesmo, o delegado incidiu en que os investimentos do Goberno de Pedro Sánchez consolidan a Galicia como unha potencia en enerxías renovables e permiten impulsar “a transición verde, o único camiño cara o futuro da industria de Pontevedra e de Galicia e, en definitiva, cara unha Galicia máis sostible e máis verde”.

32M€ para tres proxectos de hidróxeno verde “estratéxicos” en Galicia

A resolución provisional da primeira convocatoria do PERTE ERHA, publicada o mes pasado, confirma un novo impulso do Goberno para a industria galega coa adxudicación de case 32 millóns de euros para tres novas plantas de hidróxeno verde na nosa comunidade. En concreto son o proxecto de hidróxeno verde H2Pole, impulsado por Reganosa e EDP nas Pontes, que recibirá 24 millóns de euros, o de H2 Galicia -Green Umia impulsado por Iberdrola e Foresa en Caldas, que terá unha axuda próxima aos 5,2 millóns, e o proxecto Julio Verne, do Porto de Vigo, que recibirá preto de 2,5 millóns.