Isabel Rodríguez informa de o Goberno abonou prestacións sociais a 10.847 asalariados e 2.236 traballadores por conta propia no último mes

Imagen subdelegada del Gobierno en Lugo

26/12/2020

 Na provincia, 3.508 persoas cobraron este mes o Ingreso Mínimo Vital

 A liña de avais do ICO facilita financiamento de 512,2 millóns de euros para 4.584 empresas lucenses


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que son máis de 13.000 os traballadores lucenses que recibiron algún tipo de prestación social no último mes. As prestacións abonadas polo SEPE e a Seguridade Social chegaron no último mes a 10.847 lucenses asalariados e a 2.236 por conta propia.

 

As persoas en situación de ERTE en novembro na provincia eran 2.389, fronte ás 15.982 que chegou a haber no mes de abril, cando se rexistrou o máximo de traballadores acollidos a ERTEs desde o comezo da pandemia causada polo COVID-19.

O SEPE abonou en outubro 9,9 millóns de euros en prestacións sociais (ERTE, desemprego…) a 10.847 traballadores lucenses. A cuantía pagada por ERTEs na provincia nese mes foi de 1,1 millóns de euros. Desde abril, o gasto acumulado en prestacións sociais supuxo 107,2 millóns, dos que 37,5 corresponden a ERTEs. O importe total é máis do doble do pagado no mesmo período do ano pasado, cando fora de 56,6 millóns.

En canto aos traballadores por conta propia, desde o comezo da crise sanitaria e ata o 30 de setembro, 11.653 autómos recibiron algún tipo de prestación na provincia. A partir do 1 de outubro, cando entraron en vigor novas modalidades de prestacións para autónomos, compatibles coa actividade, 2.236 autónomos da provincia recibiron algún tipo de prestación da Seguridade Social por cese ou limitación temporal de actividade ou por baixos ingresos.

Outra prestación coa que se dá cobertura ás persoas prexudicadas pola crise sanitaria é o Ingreso Mínimo Vital. Este novo dereito xa chegou a 3.508 personas na provincia, das que 1.855 son adultas e as restantes 1.653 son menores de idade.

Ademais, o ICO mantén a súa liña de avais vinculada ao COVID-19, que ten unha dotación de 100.000 millones de euros e que aínda permanece aberta.  Na provincia de Lugo, a 30 de novembro aprobáranse 6.923 operacións, o que supón un financiamento garantido de 512,2 millóns de euros para 4.584 empresas, en especial pemes e de autónomos.