Isabel Rodríguez aplaude o pulo dado por Adif ao proxecto de renovación da vía Monforte-Lugo

Imagen subdelegada

23/12/2020

 A subdelegada informa da licitación das obras trala autorización do investimento de 54,8 millóns de euros (IVE non incluído) no Consello de Ministros do 9 de decembro

 O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio de licitación das obras do proxecto construtivo de renovación da vía no treito Monforte de Lemos-Lugo

 A renovación da vía é un dos tres investimentos de Adif na provincia aprobados este mes polo Goberno, que suman 161,5 millóns de euros


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, celebra o pulo dado por Adif ao proxecto para renovar a vía do ferrocarril de Monforte de Lemos a Lugo, que conta con un presuposto de 54.897.163 euros (IVE non incluído).

 

Rodríguez informou esta mañá de que Adif xa sacou a licitación as obras de execución do proxecto construtivo no treito Monforte-Lugo, trala autorización

para facer este investimento que se aprobou no Consello de Ministros do día 9 de decembro.

 

A subdelegada indicou que “só dúas semanas despois de que obter autorización para facer ese investimento, hoxe publícase no Boletín Oficial do Estado o anuncio de licitación das obras de un dos tres grandes proxectos para a modernización do ferrocarril na provincia aos que o Ministerio de Transportes deu un gran avance decisivo neste mes, ao autorizar un investimento total de 161,5 millóns de euros, nunha evidente demostración de que este Goberno aposta polas infraestruturas da provincia”.

 

Rodríguez lembrou que, ademais da renovación da vía Monforte de Lemos-Lugo, o Goberno tamén autorizou este mes a Adif o investimento de 53,5 millóns de euros (sen IVE) para o proxecto de construcción do túnel de Oural e onte mesmo o Consello de Ministros autorizou os traballos de mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións por un valor estimado de 35,87 millónes de euros (sen IVE).

 

Estes traballos enmárcanse nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, co obxectivo de incrementar a súa calidade e fiabilidade. O tramo Monforte de Lemos-Lugo ten unha lonxitude de 71 km en vía única non electrificada. Actualmente estanse realizando os trámites necesarios para iniciar a contratación da súa electrificación, que constitúe unha dos principais investimentos planificados para o corredor.

 

RENOVACIÓN DA VÍA

 

A renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo leva aparelladas as seguintes actuacións:

 

- Renovación de  balasto

Substitución do  balasto existente por  balasto  silíceo. A maior parte da renovación do  balasto levará a cabo mediante  desguarnecedora, exceptuando os puntos onde non sexa posible por restricións de  gálibo ou lonxitudes de vía insuficientes.

 

Nos devanditos lugares levará a cabo o levante de parellas de vías con  retroexcavadora  bivial, retirando e substituíndo o  balasto para posteriormente cambiar carrís e travesas.

 

- Substitución de travesas

Renovaranse todas as travesas que non sexan polivalentes en bo estado, colocándose travesas de formigón  monobloque tipo  PR.

 

- Renovación de desvíos

Substituiranse os aparellos de vía actuais (tipos  B1 e  C) por aparellos máis avanzados tipo  P1.

 

- Renovación de carril

Substituirase o carril existente tipo 54 E1 por carril 60 E1 en todo o tramo. Os traballos inclúen a instalación de cupóns mixtos de carril 54/60, a modo de transición entre carrís nas zonas de ligazón.

 

- Pasos sobre vía

Levante de todos os pasos sobre vía (de tráfico rodado e peonís) e montaxe, tras a renovación de vía, de novos pasos con sistemas homologados por  Adif.