O CECOR da Coruña acorda centrar o esforzo das forzas e corpos de seguridade do Estado durante as festas de Nadal nas zonas de especial aglomeración

23/12/2020

Policía Nacional, Garda Civil, Policía Autonómica e policías locais, xunto coa Xunta de Galicia e Subdelegación do Goberno, integran o órgano que coordina a actuación das Forzas e Corpos de Seguridade na actual situación

A subdelegada do Goberno recorda que os esforzos policiais estarán dirixidos á obriga do uso das máscaras e a evitar concentracións innecesarias de persoas

Pilar López-Rioboo resalta que Policía Nacional, Policía Local e Policía Autonómica desenvolverán dispositivos conxuntos nas principais cidades da provincia


O Centro de Coordinaciòn Operativo da provincia da Coruña (CECOR) creado para o seguimento da loita contra a COVID-19 tivo esta mañá unha nova reunión para avaliar a actual situación e analizar os operativos elaborados para as festas de Nadal, nas que as forzas e corpos de seguridade do Estado centrarán a súa actividade nas zonas de especial aglomeración cidadá.

Así se determinou na reunión mantida esta mañá, na que de acordo as características destos días se determinou que as forzas e corpos de seguridade intensificarán a súa presenza nas zonas comerciais e lugares de concentración de poboación, zonas de ocio, hostalaría e centros comerciais.

Para un maior aproveitamento dos recursos, Policía Nacional, Policía Local e Policía Nacional Adscrita á Comunidade desenvolverán dispositivos conxuntos nas principais cidades da provincia, distribuíndo as súas forzas en diferentes zonas e turnos, complementando a súa labor para desta maneira abarcar tódalas posibles áreas de actuación, especialmente en horarios cunha maior concentración de xente.

Pola súa parte, a Garda Civil centrará tamén a súa actividade no control da mobilidade e cumprimento de horarios, ademáis de garantir xunto con policías locais o resto de normas as que están obrigadas os cidadáns.

Pilar López-Rioboo resaltou tamén que gran parte da actividade policial estará centrada tamén na obrigación do uso correcto das máscaras, tanto en espazos abertos como pechados, e no control de concentracións innecesarias de xente, tendo en conta ademáis as restriccións existentes para as reunión de persoas.  

Os asistentes á reunión, presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, coincidiron na necesidade de reclamar á cidadanía un esforzo especial tendo en conta as características destas datas e a inminencia do proceso de vacinación, que sen dúbida será un paso fundamental para acometer con novas expectativas a loita contra a COVID-19.        

No CECOR estiveron presentes os responsables provinciais da Garda Civil e Policía Nacional, incorporándose ademáis representantes da Policía Autonómica e das policías locais de A Coruña, Santiago e Ferrol. Tamén estivo presente a delegada territorial da Consellería de Presidencia.

A necesidade de trasladar á sociedade a obrigatoriedade de non relaxar os comportamentos fai que a subdelegada do Goberno insista ante as forzas e corpos de seguridade en manter a presenza e os operativos e dispositivos de control necesarios para intentar combatir a propagación da COVID-19 e non botar por terra o traballo e esforzo feito atá o de agora.

Por iso, unha vez máis reiterou a necesidade de reforzar e apelar á responsabilidade individual para non baixar a garda nesta loita contra a coronavirus, sen olvidar que son as forzas e corpos de seguridade as que teñen que garantir o cumprimento de tódalas medidas contidas na declaración do estado de alarma na Comunidade Autónoma e as conseguintes medidas adoptadas pola Xunta.

A subdelegada do Goberno destacou que o CECOR ten coma obxectivo promover a coordinación das distintas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na provincia da Coruña, a cogobernanza entre administracións e a unificación dos criterios de actuación respecto á aplicación das normas que se aproban durante a vixencia do actual estado de alarma.

Dentro deste contexto, na reunión avaliuose a necesidade de extremar todo o relacionado co cumprimento das distancias sociais e as recomendacións en materia de protección sanitaria, establecendose como prioritario apelar á cidadanía a manter a  imprescindible responsabilidade individual para desta maneira seguir avanzando na loita contra a COVID-19.

López-Rioboo reiterou o seu agradecemento tanto persoal como institucional a tódolos corpos e forzas de seguridade do Estado polo traballo feito nos momentos máis duros da pandemia e nestas últimas semanas xa que demostraron unha vez máis ser un pilar fundamental do noso Estado de Benestar, ademáis dos garantes da propia seguridade individual e colectiva.

“Dan un exemplo de profesionalidade e de rigor no traballo”, indicou, á vez que lles demandou que manteñan este nivel de responsabilidade e bo facer, que de novo volverá a poñerse en evidencia cos diferentes operativos que se establecerán en tódala provincia nos vindeiros días para garantir a seguridade dos coruñeses e coruñesas.