Isabel Rodríguez entrega outras 20.000 máscaras a entidades sociais da provincia
18/12/2020
Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron na provincia 98.500 máscaras desde o comezo da pandemia para a protección de persoas vulnerables
A subdelegada fai un chamamento aos lucenses para que actúen coa máxima responsabilidade durante as festas do Nadal: “non hai festa que valla unha vida”
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, fixo entrega hoxe de outras 20.000 máscaras que o Executivo facilita a entidades sociais da provincia de Lugo para a protección dos traballadores, voluntarios e persoas vulnerables ás que dan asistencia.
Isabel Rodríguez, que entregou este material sanitario aos representantes da Curz Vermella, Fademga e Cáritas, destacou que o Goberno realiza un novo reparto de máscaras antes do Nadal, o sexto desde o comezo da pandemia, para que o persoal das entidades sociais poidan seguir a traballar coa debida seguridade na protección das persoas vulnerables ás que dan atención.
Tralo acto, a subdelegada fixo un chamamento aos lucenses para que non esquezan as normas sanitarias e actúen coa máxima responsabilidade durante os próximos festexos de Nadal porque “non hai festa que valla unha vida”.
Ademais, Isabel Rodríguez lembrou o traballo esencial que realizan as entidades sociais na provincia e explicou que o Goberno trata de facilitarlles medios para que continúen con ese labor de atención aos máis desfavorecidos.
As tres entidades as que entregou o material sanitario colaboran estreitamente co Goberno na loita contra a pandemia e coas entregas que se lles fixo previamente a Subdelegación do Goberno, nos meses de maio, xuño, setembro e novembro, xa levan recibido un total de 98.500 máscaras para que as utilicen os seus traballadores e as asociacións coas que colaboran.
MÁIS MATERIAL PARA OS CONCELLOS
A vindeira semana concluirá a sexta campaña de distribución de máscaras que fai o Goberno na provincia coa entrega de máis material destinado aos concellos, que se suma ás 50.000 unidades repartidas en novembro para o persoal dos servizos esenciais municipais.