DISCURSO DO DELEGADO DO GOBERNO NA ENTREGA DO IV PREMIO INTERNACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS DA FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE

27/05/2010

A promoción da cultura e, sobre todo, a aposta polos novos valores das distintas modalidades da arte é, dende a sua creación, un dos eixes que marcan a filosofía da Fundación María José Jove.

E faino con valentía. Porque apoiar ós que empezan, ós que non se teñen forxado un gran nome ante o público, require dunha especial sensibilidade e entrega.

 

Gracias a esa valentía e dedicación, moitos dos artistas hoxe consagrados puideron financiar os seus comenzos e abrirse camiño no mundo da arte que, como todos imaxinan, non é alleo á regras como a competividade que marcan o mundo no que vivimos.

O Premio de Artes Plásticas da Fundación Mª José Jove naceu como expresión desa confianza nos novos creadores e, tras catro edicións, ten consolidado un prestixio internacional, como o atestigua a extraordinaria resposta á convocatoria deste ano.

Respecto a esta edición, quixera destacar como, nun momento de contención da economía, cando a cultura baixa postos na lista de preocupacións dos cidadáns, a Fundación Mª José Jove inicia unha nova e apaixoante etapa neste Certame. E faino coa ampliación da técnica e temáticas, co incremento das cuantías dos premiados e, sobre todo, coa internacionalización do premio.

 


Supón esta edición, polo tanto, o inicio dun camiño novo que, de seguro, nos levará a coñecer e a apreciar a novos talentos das artes plásticas que verán neste premio unha oportunidade única para materializar as súas inquedanzas artísticas.

Señoras e señores,

O apoio a calquera manifestación cultural non debe rexirse pola situación política ou económica dun país. Debe situarse como una prioridade social, esixida polos cidadáns e respondida axeitadamente polos seus gobernantes.

Nesta concepción, a promoción dos novos valores é unha das expresións do compromiso coa cultura e non debe considerarse como un elemento anecdótico senón unha materia troncal das políticas culturais dun país. A xuventude é a base da sociedade e a ela debemos dirixir os nosos máximos esforzos se queremos progresar como unha nación moderna e próspera.

 


A posta en práctica desde pensamento, que todos aquí compartimos, non sería hoxe posible sen a colaboración de fundacións, padroados e empresas privadas, que adican a esta tarefa parte dos seus recursos.

A Fundación Maria José Jove comparte este compromiso e hoxe temos unha boa mostra delo. Quixera, neste momento, agradecer públicamente ós seus responsables a organización deste Certame e felicitar, tanto a xurado como a participantes, a súa labor e esforzos.

E, por último, felicitar ós premiados nesta cuarta edición, desexándolles novos e maiores éxitos neste mundo, tan difícil pero, á vez, tan satisfactorio para os creadores e para os que, coma min, amamos a expresión artística.

Felicidades de novo e moitas gracias.