Antón Louro: “A data de 2015 para a chegada da alta velocidade a Galicia mantense vixente a día de hoxe e sobre o Pacto do Obradoiro cómpre destacar que nestes momentos está sobradamente cumprido porque se investiu máis do previsto para este ano”

23/05/2010

El delegado del Gobierno cree que Núñez Feijoo “ten posta a camiseta do Partido Popular por enriba da camiseta dos intereses dos cidadáns galegos”

• Louro Goyanes destaca que los indicadores de seguridad en la comunidad autónoma son altamente positivos en relación con la media española y europea

• Anuncia que se reforzarán los efectivos durante los próximos meses de verano coincidiendo con la activación de la fase alta del plan director de seguridad del Año Santo

A Coruña, 23 de mayo de 2010.- En una entrevista realizada hoy en el programa “Hora 14 Fin de Semana” de Radio Galicia Cadena Ser, el delegado del Gobierno en Galicia, Antón Louro, defendió las medidas adoptadas “con firmeza, claridade e rapidez” por el Gobierno de Rodríguez Zapatero ante la grave crisis económica que vive el país.

“As medidas tomadas en España son as mesmas acordadas polo conxunto dos países da Unión Europea, e o estamos facendo con celeridade porque as circunstancias así o requiren, hai quen lle chama a isto improvisación, que é o PP, que, á luz de todo o que estamos vendo, non ten moito interese en resolver os problemas de España, senón xustamente o contrario, queren ver como España sofre e padece para poder eles sacar rédito electoral, o cal di pouco do PP e do seu líder, Mariano Rajoy”, aseguró Louro Goyanes. Y añadió: “Dáme certa pena que ás veces o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, cae nesa mesma trampa; creo que desde a Xunta o que deben facer é cooperar e colaborar co Goberno de España para resolver os problemas dos españois e dos galegos. Feijoo abdica da súa condición de máximo dirixente do Executivo galego e actúa de forma que busca que a Xunta de Galicia se converta nunha panca para que Mariano Rajoy poida chegar á Moncloa; iso é unha perversión política, unha grave irresponsabilidade e unha grave falta de respecto a todos os galegos. Os gobernos están para entenderse e non para ser utilizados como instrumentos dun partido político. Núñez Feijoo ten posta a camiseta do Partido Popular por enriba da camiseta da Xunta de Galicia e dos intereses dos cidadáns galegos”.

El delegado del Gobierno se refirió también a las infraestructuras estratégicas de Galicia. “Estamos nun momento de axuste económico que afecta tamén ao Ministerio de Fomento, que vai ter menos recursos para investir este ano e no 2011. Hai que falar con claridade, ese axuste vai supoñer un menor investimento, pero os proxectos dese proceso modernizador que está en marcha en Galicia son proxectos maduros, o que pode suceder é que haxa unha ralentización nalgún deles, pero en ningún caso se producirá unha parada ou unha desconsideración deses proxectos”.

Sobre la previsión de llegada del AVE a Galicia en 2015, Antón Louro indicó: “Esa data mantense viva a día de hoxe, porque Fomento está traballando a marchas forzadas para reprogramar e redefinir as actuacións para este ano e para o que vén, non hai ningunha decisión tomada neste momento e, polo tanto, o que está vixente está vixente, que é o ano 2015. Ademais, cómpre destacar que, a día de hoxe, o Pacto do Obradoiro está sobradamente cumprido, porque se investiu máis do previsto no 2010, polo tanto non pode haber ningunha queixa e estou seguro de que a Núñez Feijoo non se lle ocorrerá facer da desconfianza un instrumento de acción política”.

A preguntas sobre el conflicto lingüístico y el decreto del gallego, Antón Louro respondió: “O PP e o señor Núñez Feijoo fixeron algo que non deberían ter feito nunca, que foi instrumentalizar un tema moi sensible, como é o uso da nosa lingua; Feijoo rompeu o equilibrio e orixinou unha quebra social, cada vez que tomou unha iniciativa ao respecto despois tivo que corrixila e agora retira a consulta, o PP vai descubrindo os seus propios erros e ten que corrixilos. Os pais non poden decidir, ten que facelo quen ten as competencias, que é a Consellería de Educación. Debe volverse ao consenso e ao diálogo”.


En materia de seguridad y en relación con la celebración del Año Santo, el delegado del Gobierno declaró: “Galicia é un país seguro e tranquilo, os indicadores de seguridade dan bos resultados, estamos 20 puntos por debaixo da media española e 40 por debaixo da europea, as forzas e corpos de seguridade do Estado están facendo un traballo encomiable. Este Ano Santo, coa previsión de que nos visiten máis de oito millóns de persoas, estamos facendo un esforzo especial, traballamos desde hai meses no plan director de seguridade do Ano Santo, que polo momento está funcionando a plena satisfacción”. De cara al verano, Antón Louro confirmó que se reforzarán esos efectivos, teniendo en cuenta que durante los próximos meses se activará el nivel alto de seguridad del plan director del Año Santo 2010.