Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A subdelegada do Goberno reúnese cos alcaldes de Barreiros e Foz para tratar sobre o proxecto de rexeneración da praia de Altar
26/04/2021
Isabel Rodríguez adianta que o Goberno estudará con atención os argumentos que expoñan os concellos
A subdelegada explica que o proxecto está sometido a exposición pública ata finais desta semana para que todos os interesados poidan dar a súa opinión e facer propostas
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse hoxe cos alcaldes de Barreiros, Ana Hermida, e Foz, Francisco Cajoto, para tratar sobre o proxecto de estabilización da praia de Altar. Na xuntanza, celebrada esta mañá na Subdelegación do Goberno, tamén participaron o xefe do servizo provincial de Costas, José Miguel Estevan, e os tenentes de alcalde de Barreiros María do Carmen Veiga e de Foz Francisco Xavier Fanego.
Isabel Rodríguez destacou que a xuntanza, convocada a petición dos dous alcaldes para expoñer o seu punto de vista respecto do proxecto, foi moi cordial e construtiva e agradeceu a boa disposición dos mandatarios municipais.
A subdelegada adiantou que o Goberno analizará con toda atención e sensibilidade os argumentos que expoñan os dous concellos, pois as dúas administracións municipais son quen mellor representa o sentir da cidadanía de Barreiros e Foz.
A subdelegada tamén lembrou que o proxecto está sometido a exposición pública ata finais desta semana para que tanto as administracións municipais como calquera colectivo ou cidadán interesado poida dar a súa opinión e formular propostas coas que tratar de resolver o problema de estabilidade na praia de Altar.