Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
José Miñones chama á poboación galega a manter a prudencia fronte á COVID-19
14/04/2021
O Executivo continuará coa súa campaña de apoio á hostalería para evitar os contaxios e novos peches
A petición do delegado do Goberno baséase en “non baixar a garda” nestes momentos
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, chamou hoxe á poboación galega a manter a prudencia fronte á COVID-19. Expresouse así tras a reunión de coordinación con Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica e Protección Civil.
José Miñones ve fundamental que a cidadanía continúe respectando as restricións, como o uso da máscara e non relaxe o resto de precaucións adoptadas ata agora.
Ademais da responsabilidade individual de cada galega e galego, tanto a Policía Nacional como a Garda Civil e as Policías Locais darán continuidade ás actuais campañas de información e supervisión das restricións vinculadas á COVID-19.
No Comité de Coordinación (CECOR) galego participaron o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luis Francisco Rodríguez; o responsable da Policía Nacional en Galicia e comisario provincial de Ourense, Juan Carlos Blázquez; o xefe accidental da Policía Autonómica, Vicente Carballo; e a xefa autonómica de Protección Civil, Dolores Gómez.
José Miñones coordinou o dispositivo policial que controla as restricións impostas pola Xunta. O delegado do Goberno constatou que continúa un moi alto nivel de cumprimento por parte da cidadanía. Por iso, chamou á poboación galega a manter a prudencia, como ata agora, fronte á COVID-19. “Non debemos baixar a garda”, explicou.
O Executivo manterá en todo caso a colaboración coa Xunta para facer cumprir as súas restricións. Unha vez más, o apoio á hostalería é unha das liñas prioritarias de traballo, cunha campaña especial para evitar contaxios nestes locais.
José Miñones lembrou que as labores policiais tamén están vinculadas a outras restricións, como o control do peche perimetral de Galicia ou o toque de queda. Resulta, ademais, prioritaria a vixilancia das vacinas que chegan cada semana á Comunidade.