Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
Javier Losada informa que o Ministerio de Industria mobilizará 15 millóns de € para proxectos industriais en Galicia en 2020
09/10/2020
Son sete proxectos nas catro provincias que resultaron seleccionados nas dúas resolucións aprobadas este ano
O delegado do Goberno destaca o interese da industria galega por sumarse aos obxectivos de reindustrialización do Goberno
Javier Losada adianta que a maioría dos proxectos adxudicados xa están en fase de cobro o que garante que empecen a executarse este mesmo ano
Javier Losada informou hoxe que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo mobilizará 15 millóns de euros en proxectos de modernización de industrias galegas este ano. O Goberno fixo pública esta semana a segunda resolución do ano da convocatoria de axudas do Programa de Apoio ao Investimento Industrial Produtivo, que, xunto á adxudicada no primeiro trimestre deste ano, financiará 7 proxectos en Galicia. Do investimento xerado, o Goberno aportará 10,4 millóns de euros o que garantirá a súa execución.
O delegado do Goberno detallou que resultaron beneficiados tres proxectos con 4,9 M€ en Pontevedra; dous na provincia de Lugo con 2,2 M€ de axudas; dous, en Ourense cun importe de 2,9 M€ e un, na Coruña con 473.669 €. “Destes proxectos, a meirande parte xa se atopan en fase de cobro, polo que se garantiza que este ano, tan complicado, comecen a desenvolverse”, engadiu.
Javier Losada lembrou que “o Programa Reindus é un bo instrumento de apoio ao sector industrial, especialmente ás pemes, sobre todo nun momento tan delicado como o que estamos a vivir pola pandemia” e puxo en valor a iniciativa da industria galega de sumarse aos obxectivos prioritarios de reindustrializción e de modernización do tecido produtivo que fixou o Goberno”.
Por sectores, no caso de Galicia, os investimentos aprobados distribúense entre as industrias da construcción de elementos metálicos, o sector do papel, o sector gráfico e de impresión e a industria alimentaria. As operacións benefician tanto a Pemes como á gran industria.
No que respecta ao tipo de actuación subvencionada, o delegado do Goberno destacou que os proxectos abranguen tanto modificacións puntuais na liña de producción dun determinado producto para mellorar a súa competitividade ou aumentar a producción como a implantación dun plan de modernización global da empresa.
PROXECTOS REINDUS
N.º proxectos Investimento Reindus
A CORUÑA 1 631.559,00€ 473.669,00 €
LUGO 2 4.033.922,00 € 2.200.000,00 €
OURENSE 2 3.923.760,00 € 2.942.821,00 €
PONTEVEDRA 2 6.439.055,00 € 4.829.291,00 €
Total Galicia 7 15.028.296,00 € 10.445.781,00 €