Inici > Delegacions > Delegacions del Govern > Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia > Actualitat > Notes de premsa > Notas > 2020 > Junio > A Subdelegación do Goberno en Ourense retoma a celebración presencial das xuntas locais de seguridade coa celebrada hoxe co Concello de Ourense
Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A Subdelegación do Goberno en Ourense retoma a celebración presencial das xuntas locais de seguridade coa celebrada hoxe co Concello de Ourense
17/06/2020
Os delictos no Concello de Ourense reducíronse nun 22%, chegando ata o 30% no caso dos delitos de violencia de xénero
A Subdelegación do Goberno e o Concello de Ourense acordan a renovación do Convenio de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero (Viogen)
Os presidentes das asociacións e federacións de veciños agradecen a labor realizada pola Subdelegación do Goberno e polo Centro de Coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na provincia durante as semanas de confinamento
A Subdelegación do Goberno en Ourense retomou hoxe a celebración das xuntas locais de seguridade presenciais coa celebrada co Concello de Ourense. A reunión estivo presidida polo subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, e polo tenente alcalde, Jorge Pumar. Á reunión de hoxe tamén asistiron a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias Gil; o Xefe Territorial da Consellería de Presidencia, Manuel Pardo Cid; a Concelleira de Seguridade Cidadá e Comercio, Mª Mar Fernández Dibuja; membros da Policía Nacional, da Policía Autonómica e da Policía Local; así como representantes das federacións e asociacións de veciños.
Os representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística relativa á seguridade cidadá no municipio. Dadas as circunstancias especiais derivadas da crise sanitaria do COVID-19, nos primeiros cinco meses deste ano no Concello de Ourense produciuse unha redución dos delitos do 22%, chegando ata o 30% no caso dos delitos de violencia de xénero.
O subdelegado do Goberno quixo trasladar aos representantes das Forzas e Corpos de Seguridade presentes na reunión o seu agradecemento polo traballo e polo esforzo desenvolvido durante estes meses, incidindo na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todas as forzas.
RENOVACIÓN DA ADHESIÓN DA POLICÍA LOCAL AO SISTEMA VIOGEN
Por outra banda, a Xunta Local de Seguridade procedeu á renovación do Convenio de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero, que será asinado polo Concello co Ministerio de Interior para regular a presenza da Policía Local no sistema Viogen, así como á aprobación da modificación do Protocolo de Coordinación e Colaboración das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local de Ourense. O Concello de Ourense xa participa dende o ano 2011 no sistema operativo Viogen, aínda que dende 2006 vén traballando en colaboración co Goberno central na erradicación da violencia de xénero.
A través do sistema Viogen a Policía Local dispón de maior información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios policías locais pasan a asumir o seguimento e a protección dalgúns destes casos. O número de casos activos asignados á Policía Local será como máximo de 50 do total dos existentes no Concello.
Na actualidade en Ourense hai activos no sistema VioGen 151 casos deste tipo, contando todos eles con medidas xudiciais de protección. Dos casos activos, un presenta risco alto, 14 presentan risco medio, 50 presentan risco baixo e 86 presentan risco non apreciado.
O subdelegado do Goberno destacou a colaboración do Concello nesta loita, o que permite incrementar tanto a coordinación como a propia loita contra a violencia machista, posibilitando un mellor aproveitamento de todos os recursos dispoñibles para previr este tipo de violencia a nivel local.
AGRADECEMENTO DAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
Así mesmo, os presidentes das asociacións e federacións de veciños presentes na reunión quixeron agradecer á Subdelegación do Goberno a labor de apoio á cidadanía realizada durante a vixencia do estado de alarma. Destacaron a resolución de case 4.000 consultas de moi variada natureza, o reparto de material sanitario e as accións informativas e pedagóxicas realizadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado con aqueles cidadáns que infrinxían as normas de confinamento.
O subdelegado do Goberno reiterou o seu agradecemento pola comprensión da inmensa maioría da cidadanía, incidindo en que na provincia de Ourense se observou un elevado grao de cumprimento das medidas establecidas para evitar a propagación do coronavirus.