DISCURSO DO DELEGADO DO GOBERNO NA CLAUSURA DO SÉPTIMO CONGRESO FEDERAL DE GALICIA DO SINDICATO UNIFICADO DE POLICÍA-SUP

03/06/2010

Quero agradecer ó secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía de Galicia, a José Freire, a súa invitación para asistir a este acto de clausura do vosos séptimo Congreso Federal de Galicia. Un agradecemento que extendo ó resto de afiliados deste histórico do sindicalismo español que naceu da decisión e vontade de cinco policías nos primeiros anos da democracia.

Estos case trinta anos de historia do Sindicato Unificado de Policía deron como resultado unha asociación forte que cada día renova os piares definidos nos seus estatutos: libre, progresista e democrático. Este Congreso Federal é boa mostra do que acabo de sinalar.

Ante este auditorio, non podo menos que expresar unha vez máis a satisfacción que, como delegado do Goberno, me produce a labor do Corpo Nacional de Policía en Galicia. Unha labor calada, profesional, da que na maioría das ocasións só albiscamos unha parte dos resultados: unha detención, unha gran operación de loita contra o crime,…pero que todos sabemos que é moito máis.

Son moitas horas de traballo e de esforzo, de por en risco a propia seguridade…e todo por un ben común, recollido como tal na Constitución Española e que é unha das bases da nosa democracia: a seguridade pública.

Gracias ó extraordinario traballo de tódolos Corpos e Forzas de Seguridade, hoxe podemos falar dunha Galicia segura e duns cidadáns que, en xeral, poden vivir e exercer os seus dereitos sen amenazas e, por conseguinte, con maior libertade.


A pesares de que algúns as ven como meros números, as taxas de delincuencia e criminalidade que rexistramos no noso territorio seguen a ser unha das máis baixas do Estado Español e, por tanto, tamén da Unión Europea. Galicia acadou no ano 2009 unha taxa de 27,1 delictos por cada mil habitantes, que está 18 puntos por debaixo da media española e 42 puntos por debaixo da europea. Un resultado positivo que se repite noutros ratios como o esclarecemento dos delictos, nos que intervides os axentes da lei de forma directa e que é un exemplo ante os nosos veciños europeos da eficacia da nosa investigación policial.

Obviamente, o Goberno non é alleo a esta circunstacia e asume como unha política prioritaria o mantemento da seguridade cidadá. Unha política que nos últimos anos viu incrementados os seus investimentos de forma notable e que se reflicte nunha plantilla de policías máis formada e dotada para a loita contra a delincuencia, a tradicional e a máis novedosa, que require de técnicas ata agora pouco implantadas.

Non quero estenderme máis, salvo para reiterarvos o compromiso deste Goberno coa seguridade dos españois, que depende, en gran parte, do traballo diario e exemplar dos membros do Corpo Nacional de Policía.

Todos nós somos conscientes de que estamos nun momento delicado para este país e para o conxunto de Europa.

Dende o Goberno sabemos que vos estamos a pedir un sacrificio engadido, derivado dunha situación que ten a súa orixe lonxe de nós pero que nos afecta ata o punto de levarnos a tomar medidas drásticas e dolorosas.

Pero un sacrificio que, estamos convencidos, redundará nunha España mellor, que poderemos disfrutar de xeito libre e seguro gracias o traballo e esforzo dos corpos e forzas de seguridade.