Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Septiembre > O subdelegado do Goberno mantén o último encontro de traballo co comisario xefe de Operacións da Policía Nacional de Ourense
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
O subdelegado do Goberno mantén o último encontro de traballo co comisario xefe de Operacións da Policía Nacional de Ourense
09/09/2021
O próximo destino do comisario Eduardo Gutiérrez é a Xefatura da Área de Planificación e Prospectiva na Unidade de Planificación Estratéxica e Coordinación (UPEC) da Dirección Adxunta Operativa (DAO)
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, mantivo un encontro esta mañá co comisario xefe de Operacións da Policía Nacional, Eduardo Gutiérrez, quen neste mes se despide do seu posto na Comisaría Provincial de Ourense para incorporarse na Unidade de Planificación Estratéxica e Coordinación (UPEC) da Dirección Adxunta Operativa (DAO) como xefe da Área de Planificación e Prospectiva.
No encontro, Emilio González felicitou ao comisario Eduardo Gutiérrez polo seu novo destino e destacou o esforzo e o compromiso amosados dende a súa incorporación á Comisaría Provincial o pasado mes de xaneiro.
Así mesmo, o subdelegado do Goberno aproveitou o encontro para salientar a excelente relación de coordinación e de colaboración coa Policía Nacional e agradecer o enorme traballo que están realizando as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para “protexer a seguridade da cidadanía e velar polo correcto cumprimento das medidas postas en marcha para frear os contaxios pola COVID-19”.
Por último, o subdelegado do Goberno desexoulle ao comisario Eduardo Gutiérrez, natural de Aranda de Duero, os maiores éxitos no seu novo posto, no que terá encomendadas, entre outras, as funcións de integración e elaboración de todas as informacións de carácter estratéxico e as avaliacións de ameazas e riscos, así como o deseño de plans estratéxicos e operativos de carácter corporativo.