Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
José Miñones anima ao sector galego do mar a beneficiarse dos fondos Next Generation para consolidarse e evolucionar
07/05/2021
O delegado do Goberno explica que ten unhan “canle de diálogo aberta permanentemente” coa industria vinculada ás conservas
Na entrega das medallas Anfaco-Cecopesca, lembra a importancia do mar porque é “motor da economía”
José Miñones aplaude de maneira especial o traballo das mulleres galardoadas, que representan “o papel protagonista da muller nunha das máis puxantes industrias de Galicia”
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, animou hoxe ao sector galego do mar a beneficiarse dos fondos Next Generation para consolidarse e evolucionar. Expresouse así durante a súa intervención na entrega das medallas Anfaco-Cecopesca.
Acompañado pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; José Miñones incidiu na “gran fortaleza e músculo” do sector conserveiro, que emprega a 26.000 persoas es é un “exemplo de capacidade para facer dos problemas unha oportunidade”.
O delegado refrendou o compromiso do Executivo co mar, cunha “canle de diálogo aberta permanentemente e coa sensibilidade e decisión para traballar xuntos polo futuro da industria conserveira”, á que definiu como “motor da economía”.
José Miñones lembrou que as exportacións totais creceron un 15,4% e o seu valor creceu un 13,6%, alcanzando os 858 en 2020. “Nin pandemia nin Brexit foron quen de dobregar ao sector. Os resultados foron bos o ano pasado a pesares das dificultades sobrevidas”, aseverou.
“Garantimos por lei a continuidade do sector na súa ubicación, non queda dúbida da continuidade das industrias na costa”, lembrou sobre a aposta do Goberno por que as factorías deste ámbito permanezan nas súas actuais áreas.
Ao mesmo tempo, o Goberno aplaude a aquelas empresas “que apostan por dar continuidade á industria conseveira no interior”. “Pódese e faise, e o exemplo de Salvaterra e un bo exemplo”, relatou en referencia a Albo.
José Miñones asegurou que os “fondos Next Generation son a mellor oportunidade para consolidar o sector e dar un forte pulo á industria conserveira, para seguir mellorando tecnolóxicamente, dixitalmente, que é donde pode mellorar, porque o producto non pode ser mellor”, indicou.
“Animo ás empresas a aproveitar uns fondos que non están adxudicados, que garantirán o equilibrio territorial e que chegarán a Galicia para favorecer una gran transformación da que o sector conserveiro pode beneficiarse”, engadiu na súa intervención.
Nese senso, sostivo que Galicia ten un sector do mar maduro para poder aproveitar a ocasión. “Temos os fondos, temos a oportunidade, temos as ideas, bos empresarios e mellores traballadoras e traballadores como as que hoxe reciben un merecido recoñecemento”, subliñou.
O delegado destacou as medallas recibidas por mulleres. “A felicitación dun Goberno feminista a María José Carreño, María Estrella Rial, Marisol Rivada, Rosa María Losada e María del Carmen López, mulleres traballadoras, mulleres con casi cincuenta anos as costas e nas mans nesta industria. Sodes mulleres cualificadas e unha boa representación do papel protagonista das mulleres nunha das maís puxantes industrias de Galicia”, destacou.