Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2020 > Mayo > Emilio González destaca a concienciación cidadá e a labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado durante a nova xornada de reparto de máscaras hixiénicas
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Emilio González destaca a concienciación cidadá e a labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado durante a nova xornada de reparto de máscaras hixiénicas
05/05/2020
O subdelegado do Goberno destaca a conciencia cívica e a responsabilidade social da cidadanía ourensá sobre a importancia de empregar este elemento hixiénico.
Durante a xornada de hoxe axentes da Policía Nacional, da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma e da Garda Civil participaron na distribución deste material.
Emilio González indicou que a partir de mañá se inicia unha segunda fase de entregas de máscaras hixiénicas a entidades sociais e asistencias da provincia.
O subdelegado do Goberno informou que por segundo día consecutivo se procedeu á distribución en distintos puntos da provincia de Ourense das 98.000 máscaras sanitarias enviadas polo Goberno, co obxectivo de reforzar e dar cumprimento á medida que entrou en vigor onte coincidindo co inicio da Fase 0 e que establece a obrigatoriedade do uso de máscaras no transporte público.
A distribución deste material sanitario desenvolveuse nos principais nodos de transporte público, así como nos principais polígonos industriais e empresariais e en áreas de servizo. O operativo na cidade de Ourense levouse a cabo na estación de autobuses, así como nas principais paradas de bus urbano. Tamén se realizou reparto de máscaras nas estacións e paradas de autobuses de municipios como O Carballiño, Allariz, Verín, Xinzo de Limia, O Barco e Celanova e en polígonos como o de San Cibrao das Viñas, o Polígono de Barreiros, o Polígono de Chorente, o Polígono de Pereiro de Aguiar e o Polígono de O Carballiño.
Como no reparto realizado durante o retorno á actividade laboral trala Semana Santa –cando chegaron á provincia de Ourense 68.000 máscaras entregadas polo Goberno de España- a distribución contou coa participación da Policía Nacional, da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma e da Garda Civil. Ademais do reparto, os axentes realizaron unha labor informativa, lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras no transporte público e ofrecendo unhas pautas sobre o seu uso seguro.
O subdelegado do Goberno informou que as distribucións do luns e do martes se levaron a cabo con normalidade, sen aglomeracións nin problemas de orde público, e quixo agradecer a labor realizada polos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como polo persoal propio da Subdelegación que posibilitaron a loxística de reparto.
Igualmente, Emilio González quixo destacar de novo a responsabilidade que está a amosar a inmensa maioría da sociedade ourensá e volveu apelar á concienciación cidadá e á responsabilidade social neste inicio da desescalada.
Segunda fase de entregas a entidades sociais e asistenciais
Emilio González anunciou, así mesmo, que a Subdelegación do Goberno en Ourense iniciará a partir de mañá unha segunda fase de entregas de máscaras hixiénicas a entidades sociais e asistenciais da provincia.
Con este novo reparto o Goberno quere facilitar o desenvolvemento seguro das súas tarefas, de tipo esencial, contribuíndo así a diminuír a posibilidade de contaxio do COVID-19 entre os seus traballadores, voluntarios e usuarios.