José Miñones entregará mañana los Meninas 2022 a los equipos Viogen de la Guardia Civil, a los Centros de Información a la Mujer de los ayuntamientos gallegos y al IES Alexandre Bóveda de Vigo

José Miñones entregará mañana los Meninas 2022 a los equipos Viogen de la Guardia Civil, a los Centros de Información a la Mujer de los ayuntamientos gallegos y al IES Alexandre Bóveda de Vigo

20/11/2022

También se entregarán menciones honoríficas a la Unidad de Atención a la Familia y Mujer de A Coruña (UFAM); a la Unidad Contra Redes de Inmigración Ilegal y Falsedad Documental (UCRIF) de la Comisaría de Vigo; a la jurista Ana López-Suevos y a la Asociación ESMAR

La periodista ourensana Cristina Huete recogerá la primera mención honorífica concedida a medios de comunicación que se distinguen en la sensibilización contra la violencia de género y la igualdad

José Miñones subraya que “son el mejor ejemplo de cómo la sociedad gallega alza su voz contra la lacra de la violencia machista y las desigualdades”


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presidirá mañá o acto de entrega dos recoñecementos Meninas 2022  nun acto solemne co que a Delegación do Goberno abre a semana conmemorativa do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A entrega dos recoñecementos terá lugar  a partir das sete e media da tarde no Hostal dos Reis Católicos e nela reuniranse responsables institucionais, da xudicatura, da seguridade pública e de colectivos feministas e de defensa das mulleres vitimas desta lacra.
 
Na súa quinta edición en Galicia, os recoñecementos Meninas recaen nos equipos Viogen de Galicia da Garda Civil, na Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller-ASOCIM, no equipo feminino do Burela Fútbol Sala; no Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo e na Marcha Mundial das Mulleres.
 
O delegado do Goberno, José Miñones, subliñou  “son o mellor exemplo de como a sociedade galega alza a súa voz contra a lacra da violencia machista e as desigualdades”, lembrando que esta tarefa esixe do compromiso e da unión de tódalas forzas e ámbitos da sociedade.
 
Os recoñecementos Meninas foron instituídos polo Goberno de España co obxecto de poñer en valor a persoas e institucións que incorporaran estratexias, iniciativas ou proxectos para combater a violencia sobre as mulleres e promover a igualdade. En Galicia este ano o recoñecemento alcanza a cinco entidades e institucións e engádese unha mención honorífica, que recae nesta ocasión na xornalista ourensá Cristina Huete Vales.
 
Mencións honoríficas

 
O xurado dos recoñecementos deu a coñecer esta semana as mencións honoríficas que tamén se entregarán no acto de mañá. Neste caso, os recoñecidos son a Unidade de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional da Coruña (UFAM), a Unidade Contra Redes de Inmigración Ilegal e Falsidade Documental (UCRIF) da Comisaría Local de Vigo, a Maxistrada titular do Xulgado de Instrución núm. 1 de Santiago de Compostela, Ana López-Suevos; e a asociación ESMAE Non á Violencia.
 
A UFAM da Coruña é unha das unidades da Policía Nacional especializadas na prevención e a investigación das infraccións penais sobre violencia de xénero, doméstica e sexual. Contan con persoal especializado e traballan en coordinación co resto das institucións.
 
A UCRIF de Vigo desenvolveu múltiples tarefas dedicadas a, por unha banda, adoptar medidas e protocolos propios para a atención, tratamento e aseguramento das vítimas en colaboración con ONG da comarca e, por outra banda, a realizar labores de investigación en colaboración coa Fiscalía de Vigo.
Entre outros, realizou operativos policiais tanto para desarticular grandes organizacións dedicadas á explotación sexual de terceiras persoas como de puntos conflitivos ao longo de toda a comarca do Sur de Pontevedra.
 
A maxistrada Ana López-Suevos elaborou un Protocolo de Actuación para delitos sexuais no ámbito xudicial que constitúe unha guía práctica para vítimas e profesionais. Ten ademais un especial interese para o ámbito educativo insistindo en realizar actividades de formación cos centros educativos e participando en diversas actividades en colaboración coas Oficinas de Igualdade das Universidades galegas.
 
A Asociación ESMAR é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a dar cobertura e apoio ás persoas que sofren violencia de xénero. Nestes momentos están en pleno desenvolvemento do documental e dunha longametraxe (Vivas e Máis Vivas) co actor e director Rubén Riós, un proxecto pioneiro concibido para dar voz e difusión ás vítimas da violencia machista.
 
Por último, este ano concédese por primeira vez, unha mención honorífica a medios de comunicación para recoñecer o labor de xornalistas e empresas xornalísticas que se significan na tarefa da loita contra a violencia de xénero, tanto na sensibilización fronte a esta lacra coma no rigor informativo do seu tratamento. No deseño desta mención, o xurado contou coa colaboración do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia. Nesta primeira ocasión, o xurado concede esta mención honorífica a Cristina Huete en recoñecemento á traxectoria profesional desta xornalista ourensá na que sobresae o seu compromiso coa igualdade e os dereitos das mulleres.