Os concellos de Galicia disporán este ano dun millón de euros para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Os concellos de Galicia disporán este ano dun millón de euros para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

16/12/2020

Esta cantidade resulta de sumar o libramento que efectuará agora o Goberno de España e os remanentes que quedaron sen executar do ano 2018 e que se lles permite executa aos concellos neste exercicio

Con este libramento de fondos, o Goberno de España destinará en Galicia este ano preto de 9,5 millóns de euros para o desenvolvemento do Pacto de Estado

A distribución de fondos baséase e criterios de poboación e medidas dispostas polos concellos na protección ás vítimas

Como novidade, este ano, os fondos poderán ser executados polos municipios ou ben por mancomunidades de municipios ou comarcas


Os concellos de Galicia disporán este ano de 1.068.965,21 euros para a implantación de medidas e programas para a loita contra a violencia machista dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Esta cantidade resulta de sumar os 904.713,34 euros que librará nestes días o Goberno de España ao conxunto dos municipios e os 128.184,96 euros que os gobernos locais non executaron das achegas do ano 2018 e que se lles permite executar neste exercicio.

As contías por municipio están detalladas na Resolución do 10 de decembro de 2020, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, de transferencias para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o exercicio 2020 (BOE do sábado, 12 de decembro).

Os criterios de repartición foron establecidos polo Real Decreto 1023/2020, de 17 de novembro: criterios de poboación, a incorporación ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGen) do Ministerio do Interior e a existencia de vítimas usuarias do Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas da violencia de xénero (Atenpro) empadronadas no municipio.

Os concellos deberán destinar estos fondos a programas para a erradicación da violencia sobre a muller. O Pacto de Estado contra a violencia de xénero establece como destinos desta cantidade a realización de campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres e a elaboración de materiais para ofrecer información en materia de violencia contra a muller. Tamén se poderá destinar o diñeiro para promover as Unidades de Apoio e reforzar os servizos municipais de atención e información ás vítimas de violencia contra a muller.

Por último, realizar actuacións encamiñadas á formación especializada continuada de profesionais do ámbito local en materia de igualdade entre mulleres e homes, son outras das actuacións ás que están orientados estes fondos, do mesmo xeito que ao reforzo dos Corpos de Policía Local adheridos ao Sistema VioGen e o reforzo dos Puntos de Encontro Familiar.

Como novidade, este ano, os fondos poderán ser executados polos municipios ou ben por mancomunidades de municipios ou comarcas.

Importe total por provincias
  Total Remanente 2018 Importe a transferir
A CORUÑA 412.902,37 70.679,79

342.231,58

LUGO 163.813,98 36.375,91

127.438,07

OURENSE 182.646,43 20.400,66

162.545,77

PONTEVEDRA 309.602,43 37.104,51

272.497,92

GALICIA 1.068.965,21 128.184,96

904.713,34


Pacto de Estado en Galicia

A loita contra a violencia de xénero é unha das políticas prioritarias do Goberno de España. Este ano, sumando o libramento de fondos aos concellos aprobado esta semana, o Goberno de España destina a Galicia preto de 9,5 millóns de euros para o desenvolvemento de accións específicas de axuda, mellora de coordinación e tarefas preventivas.

Xunto a elas, e no marco da pandemia da COVID-19, o Goberno aprobou un Plan de Continxencia específico contra a violencia machista e trátaa con accións de seguridade policial, para favorecer o traballo das asociacións e con medidas de carácter económico para as vítimas.